Luis López destaca no monte Castrove o plan de estabilidade que agora conta o concello de Poio grazas ao seu alcalde e ao seu equipo de goberno

Redacción
  • O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López; o alcalde de Poio, Ángel Moldes; a secretaria provincial, Luisa Piñeiro; e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asistiron á Xuntanza Popular no Monte Castrove. 
  • O rexedor, Ángel Moldes agradeceu a presenza das 1.000 persoas que participaron na Xuntanza e indicou que “Poio é hoxe un concello vivo, atractivo e con futuro, que volve espertar orgullo entre a veciñanza. E a clave está en manter a mesma ilusión e compromiso do primeiro día”
  • “Temos un proxecto claro para Poio e traballamos en equipo, unidos, centrados en buscar solucións e en atender as necesidades que nos traslada a nosa veciñanza”, precisou Ángel Moldes.

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, destacou hoxe no monte Castrove o plan de estabilidade que agora conta o concello de Poio, logo de 28 anos, grazas ao seu alcalde e o seu equipo de goberno

“O PP é o mellor plan pero, tamén nós temos o mellor plan para Poio. Un plan de estabilidade para o concello, un plan que garante que o prometido se cumpre, e que os únicos socios do goberno son os veciños, e un plan de renovación tras 28 anos cos mesmos rostros no goberno”, indicou Luis López.

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López; o alcalde de Poio, Ángel  Moldes; a secretaria provincial do PP de Pontevedra, Luisa Piñeiro; e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asistiron á Xuntanza Popular no Monte Castrove, á que asistiron arredor de 1.000 persoas.

Luis López deulle os parabéns ao alcalde de Poio, a Ángel, porque o “espírito de Castrove” que é o espírito da unidade, foi clave para que volvera un proxecto forte  de futuro á alcaldía deste concello”, destacou o presidente provincial pontevedrés.

“Hai tres anos a Ángel lle encomendamos o que para moitos sería unha misión imposible política: poñer fin a tres décadas de monólogo nacionalista. Imposible para moitos, pero non para el. Soubo gobernar para os que lle votaron e para os que non, soubo revitalizar un concello que levaba anos de brazos caídos, sumido no conformismo e na falta de ideas, soubo cumprir a palabra dada, e soubo manter intacta a ilusión polo futuro, polo que estou seguro que Poio lle vai otorgar outra maioría absoluta de aquí nun ano”, destacou Luis López.

Pola súa banda, o alcalde e presidente do PP de Poio, Ángel Moldes, puxo en valor o traballo que o Goberno local está a desenvolver para impulsar o crecemento do concello: “Poio está no seu mellor momento. Estamos executando proxectos transformadores en todas as parroquias, dando resposta a demandas históricas da veciñanza, sen descoidar a atención de calidade nin a prestación dos servizos básicos do día a día. Poio é hoxe un concello vivo, atractivo e con futuro, que volve espertar orgullo entre a veciñanza”, destacou Moldes.

A clave, sinalou, está en manter a mesma ilusión e compromiso do primeiro día: “Temos un proxecto claro para Poio e traballamos en equipo, unidos, centrados en buscar solucións e en atender as necesidades que nos traslada a nosa veciñanza”, indicou Ángel Moldes.

Comparte este artigo