Home Pontevedra A Paradanta Maceira celebra con ovos, chourizos e patacas fritidas a súa “I Festa...

Maceira celebra con ovos, chourizos e patacas fritidas a súa “I Festa do Colesterol por un día”

- Anuncio -

A nova directiva da Asociación Virxe da Guía de Maceira recupera as festas na honra de Santo Antonio con concursos de empanada de mazá, música, os tradicionais poxos e festa gastronómica

A nova directiva da Asociación Virxe da Guía de Maceira decidíu recuperar os actos festivos do día de Santo Antonio e rescatar así unha tradición para deixar en herdanza a súa mocidade. Os días 17 e 18 de xuño a praza de Maceira envolverase de bo humor para gozar coa veciñanza de diferentes actividades.

En homenaxe ao nome da parroquia, Maceira, ás 12:30 horas do sábado 17 terá lugar o concurso de empanada de mazá no que poderán participar todas as persoas interesadas tan só inscribíndose no número de teléfono 626 986 510 . O xurado puntuará o sabor e a presentación das exquisitas receitas outorgando 100€ ao primeiro premio, 75€ ao segundo e 50 ao terceiro.

Festa gastronómica
Deste xeito, iremos espertando o noso apetito para logo entrar de cheo nos manxares máis terreais. A directiva da asociacion Virxe da Guía de Maceira organiza a “I Festa do Colesterol por un día” na que degustaremos patacas fritidas con ovos e chourizos acompañados dun delicioso postre por tan só 6€. A organización tamén ofrecerá un menú infantil por 3€ a base de hamburguesa de carne dos montes de Covelo provida da gandeiría Sesteira de Godóns. No servizo de bar que ofrecerá a asociación atoparemos todo tipo de bebidas e café. “Quixemos ofrecer un menú popular, sabroso e para todos os públicos e bolsillos no que tamén puideramos exaltar a calidade das carnes criadas nos nosos montes”, explican dende a directiva.

A música non faltará nesta xornada festiva e os grupos a Banda do Sequío e Tía Isolina porán ritmo para que poidamos bailar e deixar na pista de baile esas calorías de máis. O domingo día 18 celebrarase a misa solemne ás 11 horas na honra de Santo Antonio seguida da procesión e dos tradicionais poxos que a nova directiva tamén quixo recuperar.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas