A adega de María Sobral fíxose co primeiro premio, o segundo premio foi para O Rodeiro de Comboa e o terceiro ao Pazo María & Conrado fixéronse cos galardóns da II edición do certame, que o alcalde Manu Lourenzo sinalou que unha vez máis “este entontro chegou para quedarse grazas ao traballo e esforzo dos colleiteiros e colleiteiras do noso concello e a colaboración entra as institucións e as e os pequenos produtores”.
Unha xornada que contou cunha homenaxe especial a Antonio o Músico pola súa labor e tradición no mundo da viticultura.
Éxito total na sgunda edición do Encontro do Viño Colleiteiro de Soutomaior, despois de que o certame reunise a máis de mil persoas entre o sábado e o domingo no campo da Festa de San Benito, en Romariz. Unha afluencia que superou todas as previsións de Goberno local e colleiteiros e que puxo de manifesto, un ano máis, que o Encontro, moi demandado durante décadas pola veciñanza, “chegou para quedar”, en palabras do alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo.
Unha segunda edición na que o furancho do Pazo María & Conrado fíxose co galardón ‘Colleiteiro distinguido Soutomaior 2026’, obtido tras unha cata a cegas cun xurado profesional composto Iria Otero Mazoy. Especializada na produción de viños en pequenas cantidades,María José Zafra González. Docente no CIFP A GRANXA no Módulo Profesional de cata no Grao Superior de Vitivinicultura e Carlos Olivera Olivera , sumiller, comercial de adega.,
O público asistente desfrutou durante toda a fin de semana dos viños de todas as adegas participantes nesta edición que foron: o Furancho Linchú, Furancho do Pazo María & Conrado, Adega – Furancho do músico, María Sobral, Albariño da Baralla, A casa de Lisa, Irmáns Lorenzo, Furancho O Maroco, Aires de Verdugo, A Peroxa, Eido de Lombeira e Albariño do Rodeiro, ademais de churrasco, polbo, pinchos de Caldius e ostras da zona gastro, ao tempo que polo escenario pasaron Francisco Castro e Valerio Araújo, a música de Bafana Bafana ou Madalena Gamalho e, un encontro no que tamén puidemos desfrutar da actividade divulgativa “5MinutosDeViñoDeSoutomaior” ou a mesa coloquio “O viño, patrimonio cultural”.
O alcalde Manu Lourenzo dixo nesta xornada que “este II Encontro do Viño Colleiteiro é unha mostra do orgullo que sentimos en Soutomaior polo noso patrimonio vitivinícola e polo traballo das persoas colleiteiras que, xeración tras xeración, manteñen viva unha tradición que forma parte da nosa identidade.”.
Neste sentido, Manu Lourenzo sinalou que “desde o Concello queremos seguir apoiando e dando visibilidade a un sector que contribúe á dinamización económica, social e cultural do noso municipio. Este encontro é tamén unha oportunidade para que veciños, veciñas e visitantes descubran a calidade dos nosos viños e coñezan de preto o esforzo que hai detrás de cada colleita. A excelente resposta do público confirma que iniciativas coma esta teñen un gran futuro e que Soutomaior segue consolidándose como un referente na promoción dos produtos locais e das nosas tradicións.”
Unha segunda edición onde todas e todos os participantes recibiron o seu diploma por formar parte do II Encontro do Viño, Antonio o Músico recibiu unha placa homenaxe a súa labor no mundo do viño e da tradición en Soutomaior e, os premiados, nesta edición foron, o furancho de María Sobral fíxose co primeiro premio, o segundo premio foi para O Roreiro de Comboa e o terceiro ao Pazo María & Conrado fixéronse cos galardóns da II edición do certame

