Home Pontevedra Deza Máis de 30 turoperadores con presenza en 12 países buscarán propostas turísticas...

Máis de 30 turoperadores con presenza en 12 países buscarán propostas turísticas na feira Turexpo Galicia 2023

- Anuncio -

AS EMPRESAS E DESTINOS QUE ACUDAN Á SÚA BOLSA DE CONTRATACIÓN PODERÁN AMOSARLLES A SÚA OFERTA DURANTE O PRIMEIRO DÍA E MEDIO DESTE SALÓN, QUE SE DESENVOLVERÁ DO 8 AO 11 DE XUÑO NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

O XII Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia 2023, o cal se levará a cabo do 8 ao 11 de xuño co apoio da Axencia Turismo de Galicia, contará unha vez máis coa súa recoñecida Bolsa de Contratación Turística. Esta volverá ser unha efectiva plataforma de negocio para a oferta turística participante.

Así, no seu marco están confirmados máis de 30 operadores turísticos con presenza en doce países, como son Alemaña, Arxentina, Australia, Brasil, Canadá, España, Estados Unidos, Francia, Italia, Portugal, Reino Unido e Uruguai.

Na súa maioría trátase de axencias tradicionais (emisoras de grupos ao estranxeiro) ou axencias de “incoming” (axencias de receptivo especializados en destino España e Portugal que traballan para emisores doutros mercados), buscando algunhas delas especificamente propostas relacionadas co patrimonio cultural, o Camiño de Santiago, o Enoturismo e a gastronomía ou o turismo accesible.

Entre as súas demandas para coñecer nestes encontros, moitos dos operadores turísticos destacan hoteis, empresas de servizos, axencias de viaxes, propostas tanto de lecer e cultura como gastronómicas e de enoturismo, ademais de parques naturais, empresas de transporte ou maioristas.

Estes operadores coñecerán a oferta de empresas do sector do turismo, a maioría galegas, e tamén destinos. Todos eles poderán mostrarlles detalladamente as súas propostas aos operadores turísticos co obxectivo de que as incorporen ás ofertas que farán aos seus clientes nos países nos operan. Será a través de reunións axendadas en función dos intereses de ambas as partes durante o 8 de xuño e a mañá do 9 de xuño, os cales se corresponden co primeiro día e medio do certame, que ademais terá lugar xunto á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

Fam Trip en Pontevedra e Santiago

A estas mesas de negocio engadirase unha pequena viaxe de familiarización no que participará a maioría de operadores turísticos asistentes.
Este fam trip comezará a tarde do 8 de xuño cunha visita ao Pazo de Señoráns, situado en Meis, e á cidade de Pontevedra, para logo aloxarse en Mondariz-Balneario.

O sábado 9 de xuño coñecerán o Castelo de Soutomaior, Pazo Baión (Vilanova de Arousa) e a localidade de Cambados, incluído o seu Pazo de Fefiñáns. Xa o domingo 11 de xuño visitarán a Catedral de Santiago e rematarán a viaxe descubrindo o centro histórico de Compostela.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas