- O prazo para solicitar praza estará aberto ata o día 6 de xuño e xa se pode pedir máis información nos servizos sociais do Concello da Guarda
O programa +Benestar da Deputación de Pontevedra oferta este ano 2.127 prazas para desfrutar dunha estancia en balnearios.
O obxectivo desta actividade é fomentar o envellecemento activo, xa que os asistentes desfrutarán de actividades de animación sociocultural. As estancias son de seis días e cinco noites en talasos, balnearios ou spas da provincia de Pontevedra.
O programa inclúe o transporte en autobús, o seguro de viaxe, pensión completa e animación sociocultural. O prazo de inscrición xa está aberto ata o próximo 6 de xuño.
As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra. Poden solicitar praza todas aquelas persoas maiores de 55 anos empadroadas nalgún concello da provincia de Pontevedra.
Para máis información, as persoas interesadas poden acudir aos Servizos Sociais do Concello da Guarda (3ª planta) ou na web: https://www.depo.gal/-/mais-benestar