Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Marín Marín estrea a primeira edición do Festival Cine do Mar

Marín estrea a primeira edición do Festival Cine do Mar

- Anuncio -

O evento, organizado pola Asociación Museo do Mar de Marín, será do 21 ao 25 de maio e contará con dúas seccións oficiais, unha de ensino e outra para novos/as creadores/as. Tamén haberá proxeccións e mesas redondas. 

O cine e o mar daranse a man en Marín durante a próxima semana, coa celebración do I Festival Cine do Mar, impulsado pola Asociación Museo do Mar de Marín e o Concello e que foi presentado esta mañá polos representantes da entidade e a concelleira de Cultura, Marián Sanmartín. 

A programación do festival arrancará o 21 de maio no Cine Seixo ás 19.30 horas, coa presentación do certame por parte dos organizadores e das autoridades, para dar paso ás 20.00 horas á proxección dun filme que revolucionou o audiovisual galego do último ano: Matria, de Álvaro Gago. As entradas, que serán de balde, deberán recollerse previamente no Museo do Mar. 

A partir do mércores, todas as actividades trasládanse á Biblioteca Municipal Vidal Pazos. Ese día ás 19.00 horas, os autores Anxo Cabada e Antón Davila presentarán a súa obra A última dorna de Ons e ás 20.00 horas celebrarase unha mesa redonda sobre patrimonio marítimo na que participarán Antón Pousada, presidente do Grupo Cultural Ronsel; Fernando García, da Asociación Cultural Os Galos; Xaquín Fabeiro, presidente do Club Mariño A Reiboa, e Ramón Collazo, presidente da Asociación Galega de Carpinteiría de Ribeira. 

O xoves arrancará o festival propiamente coa proxección das curtas da categoría de Ensino, coas seguintes obras presentadas: 

Entroido 2022, do CEIP Carballal 

As praias de Marín, do CEIP Carballal

Mergullo nas rías, do CEIP Carballal 

Un tesouro nas rías, do CEIP Carballal 

Mar de redes, do IES Félix Muriel 

U-los mariñeiros en Marín?, do CEIP Sequelo 

Mareas vivas de Lourizán, do CPR Sagrado Corazón de Placeres 

Acto seguido, ás 20.00 horas, celebrarase a segunda mesa redonda do festival sobre o Museo do Mar de Marín, na que intervirán os membros da asociación José Antonio Pérez, María del Puerto Pérez, Xosé María Vilaboa e José Manuel Pesqueira. Finalmente, ás 20.30 horas, proxectarase o documental Homenaxe ás Mulleres do Mar, de Lukas Santiago, na que se pon en valor a traxectoria de Carmen Abreu, Chicha Domínguez, Manuela Couso, Lina Pazos, Juana Soto, Marisa Pazos, Ana González, Concepción Santiago, Dolores Dopazo e Visitación Núñez. 

O venres 24 de maio será a quenda da categoría de novos/as creadores/as, coa proxección das seguintes curtas a partir das 19.00 horas: 

Cantiga, de Ángela Castro 

Nostra In Mare Fortuna, de Álvaro Martínez 

Treito, de Carolina Segovia 

Dorna, de Antón Guerrero 

Vogar, de Andrea de la Iglesia 

Voltar do mar, de David Pérez-Rodrigo Santiago 

Unha vez rematadas as proxeccións, a partir das 20.00 horas, acompañaranos Marcos Gallego, director da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, un certame colaborador que traerá a proxección de tres pezas: 

Singlando do Albán, de Tito Pérez, presentado no certame no 2021 ● Atalaia/Piueiro, de Xisela Franco, mención especial do certame no 2022 ● Tatuado nos ollos levamos o pouso, de Diana Toucedo, mellor película da mostra do 2022 

Gala de clausura 

O sábado a partir das 19.00 horas celebrarse a gala de clausura, na que se entregarán os premios deliberados por un xurado formado por Diego Santaclara eDiego M. Barcia, de Trece Amarillo; dous representantes do Museo do Mar, Lukas Santiago e Dani Antelo, director do John Balan Fest. 

Haberá Sardiña de Ouro, Sardiña de Prata, Rodaballo de Ouro e Mención especial e proxectaranse de novo todas as curtas que resulten gañadoras. Para clausurar o acto, ás 20.00 horas, proxectarase Carpintaría de ribeira. Fasquiando o futuro, de Pablo Carrera e Ramón Collazo.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas