A senda peonil da PO-262 rematará no antigo matadoiro e non chegará ata a Ponte Dornes
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de someter a información pública o proxecto para construír unha senda peonil e ciclista na estrada PO-262, entre o Muíño de Luís e o antigo matadoiro, cunha lonxitude de 400 metros1
. A iniciaƟva, na que se van investir 174.683 €, supón un avance positivo, pero resulta claramente insuficiente ao deixar sen arranxar os 800 metros que separan o antigo matadoiro da Ponte Dornes, precisamente o tramo que presenta maiores deficiencias para a circulación de peóns e ciclistas.
A exclusión deste treito deixa incompleta unha infraestrutura chamada a mellorar a seguridade viaria nun dos accesos máis utilizados á vila de Mondariz. A ausencia dun sendeiro peonil e ciclista ben conservado e de espazos seguros obriga diariamente a veciños, deportistas e visitantes a facer uso dun percorrido especialmente deteriorado, co firme estragado e varandas de madeira seriamente degradadas. O propio diagnóstico do Plan Xeral de Ordenación Municipal sinala a carencia xeneralizada de itinerarios peonís no municipio e identifica esta situación como un problema para a mobilidade e a seguridade viaria.
A senda peonil que comeza na Ponte Dornes constitúe, ademais, o punto de entrada á vila de Mondariz desde o barrio do Escobeiro. O seu estado de conservación e a inexistencia dun itinerario ben conservado converten este tramo nun dos máis deteriorados da rede viaria local.
Resulta diİcil comprender que a actuación se deteña precisamente antes de chegar ao tramo que precisa unha intervención máis urxente.
Se o obxectivo da Xunta é fomentar a mobilidade sostible e mellorar a seguridade das persoas usuarias desta estrada autonómica, carece de sentido executar unha senda que deixa fóra 800 metros dunha senda peonil que presenta un estado lamentable. Un itinerario interrompido perde boa parte da súa funcionalidade e reduce notablemente a utilidade do investimento público, o que prexudica aos veciños e veciñas de Mondariz.
Mellora urxente da capa de rodadura
AporM reclamará tamén da Consellería e do Concello de Mondariz a renovación urxente da capa de rodadura en toda a estrada autonómica PO-262, que une a vila de Mondariz con Fomento da mobilidade sostible. Itinerario peonil e ciclista na PO-254 (Ponteareas) e PO-262 (Mondariz) Clave: PO/25/091.06
Vilasobroso e a N-120, que na actualidade presenta un mal estado de conservación, cun firme asfáltico que provoca unha condución insegura e incómoda.
Esta estrada é utilizada a diario por centos de coches, en particular por camións de grande tamaño que transportan a diario Auga de Mondariz a toda España e diferentes países do mundo.

