O Pazo de Mos será este sábado, 21 de xuño, a partir das 12:00 horas, o epicentro do sabor e a diversión coa celebración da IV Xuntanza Gastronómica BaResMos. Organizada pola Asociación de Hostaleiros BaRes Mos e o Concello de Mos, co apoio da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, esta festa popular contará cunha ampla programación musical e cultural, un mercado de artesanía e, sobre todo, unha suculenta oferta gastronómica a cargo de dez locais do municipio.
A Xuntanza está pensada para que sexa unha xornada de ocio familiar, con actividades continuadas desde o mediodía ata ben entrada a madrugada, coa actuación da Orquestra Panorama City. O evento, que inclúe tamén animación infantil, concertos, verbena e unha “festa da auga” para refrescar a xornada, busca poñer en valor a gastronomía local e promover a actividade da hostalería mosense nun ambiente festivo e de encontro veciñal.
Estes son os pratos e produtos que ofrecerá cada bar participante:
Bar Encontros: Bocata de tortilla, tortillas variadas, orella á feira, bocata de xamón asado, tarta da avoa.
Asador Edan: Churrasco á brasa, polo á brasa, criollos.
Tapería A Baxiña: Croquetas, chipiróns, poupetas, torta de queixo.
Bar Maceira: Burger de polo estilo “Maceira”, burger de tenreira estilo “Maceira”.
Hamburguesería Carletto: Burger Carletto, torta de 3 chocolates.
Bar Casa Veiga: Perritos, choripán, empanadillas, muffins, xeados, café e licores.
O Bocadiño: Bocadillos variados, bocadillos estilo “Bocadiño”, xamón ó espeto.
Programación destacada do evento:
12:00 h – Apertura da festa con mercado de artesanía e festa da auga.
12:30 h – Animación infantil con LILICLETA.
13:30 h – Charanga SACACORCHOS.
18:30 h – Teatro infantil Polo Correo do Vento.
19:00 h – Xiada Gaiteiros Refrescantes.
20:30 h – Concerto Acoustic Mode – Noemí Pereira.
21:30 h – Concerto The Turre’s Band.
23:00 h – Gran verbena coa Orquestra Panorama City.
Desde o Concello de Mos animan a toda a veciñanza e visitantes a achegarse ao Pazo de Mos este sábado para gozar dunha xornada inesquecible de gastronomía, cultura e convivencia. A IV Xuntanza Gastronómica BaResMos é unha aposta clara pola dinamización local e a posta en valor do talento e esforzo da hostalería do concello mosense.