Home Vigo Mos Mos aposta polo autocoidado con dous meses de obradoiros gratuítos

Mos aposta polo autocoidado con dous meses de obradoiros gratuítos

- Anuncio -

Durante febreiro e marzo o Pavillón Óscar Pereiro acollerá estes talleres impartidos por Uxía Veiga

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes mosense, José Areal, o monitor deportivo municipal, Nacho Carballido, e Uxía Veiga monitora que impartirá los obradoiros, presentaron esta mañá uns ‘Obradoiros de autocoidado e vida saudable’ promovidos polo Concello.

A administración local mosense ofrece estes obradoiros para que a veciñanza poida probalos de xeito gratuíto e, os que teñan máis aceptación, incluílos nun futuro nalgún dos programas deportivos e/ou de participación cidadá municipais.

O programa de obradoiros comezará o vindeiro 10 de febreiro co taller ‘Aprende técnicas de respiración para calmar a mente e o corpo’. O 17 de febreiro será o obradoiro ‘Aprende a relaxarte e meditar’. O 24 de febrereiro impartiranse ‘Estiramentos para todos os días’. O 3 de marzo ‘Ioga en familia’. O 10 de marzo levarase a cabo o obradoiro ‘Danza e lémbrate da vida’. O 17 de marzo será o turno do taller ‘Coida a túa enerxía’. O 24 de marzo: ‘Sons que nos activan e relaxan’. E por último o ciclo de obradoiros rematará o 31 de marzo co ‘Baño de bosque Celta’.

Todos terán lugar no Pavillón Óscar Pereiro en horario de 20.30 a 22.00 horas e contan con prazas limitadas e inscrición gratuíta. Os interesados en participar poden xa inscribirse na recepción da Piscina Municipal ou chamando ao teléfono 986 33 40 70 en horario de 09.00 a 14.00 horas.

Relacionadas

O Rosal recuncho a recuncho coa nova andaina interpretativa pola Senda dos Pescadores

0
A ruta será o 19 de maio e terá unha dificultade baixa-moderada. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a partir do 8 de...

A horta urbana do concello de Nigrán na Ramallosa cumpre 2 anos de funcionamento...

0
A esta súmase outro espazo municipal de 104 metros cadrados adicados ao cultivo no parque Vázquez Grela. Entre ambas, preto de 40 veciños traballan...

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do PSTD do...

0
Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras fixeron un balance dos primeiros pasos que se están a dar para levar a cabo iniciativas relacionadas coa transición...

Publicacións Relacionadas