Free Porn
xbporn
Home Vigo Mos Mos, Concello da Rosa, pasa a ser Vila en Flor e opta...

Mos, Concello da Rosa, pasa a ser Vila en Flor e opta a unha das “Flores de Honra” que outorga a Rede

- Anuncio -

A visita do xurado recibirase en setembro ou outubro e as zonas axardinadas de especial mención que o Concello salienta no seu proxecto son as contornas do Pazo de Mos e da Casa Consistorial, e a zona dos muíños e a Biblioteca Municipal María Magdalena, na Porteliña; entre outras áreas destacadas, como sendeiros e zonas verdes como o Sendeiro dos Muíños da Salgueira en Pereiras ou o Paseo do Louro, catalogado como Sendeiro Azul

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente, Laura Méndez, informaron de que o Concello de Mos, municipio da rosa por antonomasia, xa forma parte da Rede Vilas en Flor Galicia á que pertence xunto con outros 39 municipios galegos. Mos comezou a tramitar a entrada no proxecto Vilas en Flor o pasado 28 de maio e unha membro do mesmo xa formou parte como xurado do Concurso de Rosas da pasada Festa da Rosa durante o festivo local, 13 de xuño.

As representantes locais, Arévalo e Méndez Senlle, anunciaron de que os integrantes do xurado executivo da Rede Vilas en Flor visitará Mos o vindeiro outono, entre os meses de setembro e outubro, para valorar o municipio baseándose en criterios de avaliación tales coma a mellora e potenciación dos espazos verdes urbáns, a súa xestión sostible, a concienciación cidadá, a educación ambiental e a creación dun entorno propicio para a recepción e estancia, tanto dos residentes como dos visitantes e turistas. E en base a esa valoración dirimirá se Mos é merecedor dun dos recoñecementos que outorga a entidade en forma de “Flores de Honra”.

As zonas axardinadas de especial mención que o Concello salienta no seu proxecto son as contornas do Pazo de Mos e da Casa Consistorial, e a zona dos muíños e a Biblioteca Municipal María Magdalena, na Porteliña; entre outras áreas destacadas, como sendeiros e zonas verdes como o Sendeiro dos Muíños da Salgueira en Pereiras ou o Paseo do Louro, catalogado como Sendeiro Azul.

A contorna Pazo de Mos, rodeada de bonitos e coidados xardíns na zona superior onde predominan plantas e árbores florais como Rosales e Camelias. Xardineiras ornamentais situadas na rúa peonil Camiño dá Rúa, por onde transita o Camiño de Santiago ao seu paso pola parroquia. A contorna da Casa doCconcello, en Petelos, conta cunha bonita praza fronte á igrexa con xardineiras ornamentais e unha coidada zona de aparcamento decorada con roseiras. Á súa vez, na zona de aparcamento utilizouse unha rechamante solución de cubrición vexetal sobre os muros de acceso ao cemiterio parroquial. Outros xardíns para destacar son os da contorna dos muíños da Porteliña en Petelos, anexos á Biblioteca Pública Municipal. Todos estes parques e zonas verdes contan cun sistema de rega automática para un aforro do consumo de auga.

O movemento Vilas en Flor comezou no ano 2018 a iniciativa da Fundación Juana de Vega, Asociación de Viveristas do Noroeste (ASVINOR) e da Asociación Galega de Empresas de Xardinería (AGAEXAR) que aglutinan a máis de 100 empresas galegas. Trátase dun proxecto de carácter internacional (Francia-Villes et Villages Fleuris, Italia-Comuni Fioriti, Reino Unido-Britain in Bloom, Irlanda-Tidy Towns ou Canadá-Communities in Bloom), apoiado pola Xunta de Galicia da man do Instituto de Estudos do Territorio e da Consellería do Medio Rural que pretende poñer en valor aos municipios galegos mediante a calidade dos espazos verdes. É unha iniciativa existente noutros países e comunidades autónomas (Cataluña, Aragón, Canarias e Valencia).

Vilas en Flor é un programa anual que recoñece en forma de galardóns (Flores de Honra) a traxectoria e as accións levadas a cabo polos municipios galegos na mellora e potenciación dos espazos verdes, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna. Tal e como o Concello de Mos vén poñendo en práctica desde o Plan Municipal CoidaMos.

Os seus obxectivos son promover a protección, mellora e posta en valor dos espazos verdes nos municipios de Galicia e contribuír con iso a mellorar a calidade de vida dos seus habitantes e a súa cohesión social; mellorar a imaxe dos municipios e os seus encantos para visitantes e turistas; xerar espazos de formación, reflexión e debate ao redor da xestión sostible; promover os espazos verdes como punto de encontro de relación sociais interxeracionais; e mellorar a conciencia social cara ás políticas de sustentabilidade ambiental e potenciación dos espazos verdes.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas