Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán abre do 2 ao 10 de maio o...

O Concello de Nigrán abre do 2 ao 10 de maio o prazo de presentación de solicitudes para o campamento de verán do mees de xullo

- Anuncio -

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DO 2 AO 10 DE MAIO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN DO MES DE XULLO

O Concello organizará por vez primeira outro campamento de verán no mes de agosto, para o cal se abrirá outro prazo de solicitude

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza o ‘Campamento de Verán 2024’ do mes de xullo co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. O prazo de solicitude abrirá do 2 ao 10 de maio e, por primeira vez, o Concello ofrecerá outro campamento no mes de agosto para o cal se abrirá posteriormente un novo prazo de solicitude.

          O campamento de xullo está destinado a nenos e nenas empadroados no municipio e nados entre 2012 e 2021 e terá lugar do 25 de xuño ao 31 de xullo de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas (con posibilidade de amplialo de 7:45 a 15:15 horas). Desenvolverase no C.E.I.P. Humberto Juanes e o prezo  é de 75 euros en horario reducido e 85 euros en horario ampliado (existen bonificacións para familias con baixos recurso económicos cun prezo de 18,75 € no horario reducido e 21,25 € no horario ampliado). Os formularios de inscrición poderán recollerse na Oficina de Información e Atención Cidadá ou descargarse na páxina web nigran.sedelectronica.gal/Taboleiro de Anuncios

          Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081, correo electrónico: cim@nigran.org.

Relacionadas

A veciñanza xa pode votar polo mellor lema contra o machismo no deporte

0
Desde hoxe luns e ata o mércores día 15, todos os veciños e veciñas de Redondela que o desexen poden votar na Campaña pola...

O xeodestino Condado Paradanta suma catro novos distintivos SICTED de compromiso de calidade turística

0
O Xeodestino Condado Paradanta conta dende hoxe con catro novos distintivos SICTED de compromiso de calidade turística que se suman aos 49 existentes e...

Luis López salienta unha aposta sen precedentes polas infraestruturas deportivas no Deza e Tabeirós-Terra...

0
O presidente provincial presenta os proxectos que financiará a Deputación ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas nos concellos da Estrada, Lalín, Dozón,...

A Deputación prepara as instalacións do Centro de Servizos e Apoio Empresarial de Barro...

0
A Oficina de Transformación Comunitaria prestará os servizos de difusión, acompañamento e asesoramento gratuíto para impulsar a creación de comunidades enerxéticas nos concellos da...

Mos mellora e completa o seu inventario municipal de viais

0
-          Inicia o procedemento de contratación dun documento programático que rexistrará as características de todas as vías do municipio, incluso as que se atopan fóra de...

O Porriño avanza na creación dunha gran zuna verde do centro urbano

0
O PORRIÑO AVANZA NA CREACIÓN DUNHA GRAN ZONA VERDE DO CENTRO URBANO O proxecto de humanización da contorna do centro social e humanización de Pío...

Publicacións Relacionadas