Mos estrea a I Feira do Viño Rosado de Galicia con adegas das principais denominacións de orixe

Redacción

A iniciativa celebrarase os días 13 e 14 de xuño no Pazo de Mos coa colaboración de AGACAL e dentro da programación da 53ª Festa da Rosa

O  evento inclúe o ciclo Concertos de Viño e Rosas

O Concello de Mos celebrará os próximos 13 e 14 de xuño a primeira edición da Feira do Viño Rosado de Galicia, unha nova proposta que nace dentro da programación da Festa da Rosa coa intención de converterse nun escaparate para a promoción dos viños rosados galegos e das distintas denominacións de orixe da comunidade.

A iniciativa conta coa colaboración de AGACAL e desenvolverase no Pazo de Mos, coincidindo ademais coa V Xuntanza Gastronómica BaRes Mos organizada pola Asociación de Bares e Restaurantes de Mos.

A feira reunirá adegas das denominacións de orixe Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra, que presentarán algunhas das referencias rosadas máis destacadas do panorama vitivinícola galego.

As adegas participantes nesta primeira edición serán:

Pazo Blanco Núñez, coa marca Quinta das Tapias (DO Monterrei).

Adega Roandi, coa marca Dona Delfina / Bride Rosado (DO Valdeorras).

Bodegas Alán, coa marca Alán de Val Rosado (DO Valdeorras).

Bodega Cividade, coa marca Cividade Rosado (DO Ribeira Sacra).

Bodega Soutelo, coa marca Cardenal Rodrigo de Castro (DO Ribeira Sacra).

Regina Viarum, coa marca Regina Viarum Rosé (DO Ribeira Sacra).

Bodegas Ribada, coa marca Ribada Selección Mencía Rosado (DO Ribeira Sacra).

Condado de Sequeiras, coa marca Sueños de Martina (DO Ribeira Sacra).

A programación da feira completarase cunha ampla oferta musical incluída baixo o ciclo “Concertos de Viño e Rosas”.

O sábado 13 de xuño, a feira abrirá entre as 12:00 e as 22:00 horas e contará coas actuacións de:

Los Lunes al Sol, ás 14:00 horas.

Dani Barreiro, ás 17:00 horas.

Uxía Lambona, ás 19:00 horas.

Quinkillada, ás 21:00 horas.

Xa o domingo 14 de xuño, a Feira do Viño Rosado de Galicia continuará entre as 12:00 e as 21:00 horas coa actuación de:

Os Mangacarballos, ás 12:00 horas.

Trío Somoza, ás 13:30 horas.

Peter Punk, ás 18:00 horas.

La Duendeneta, ás 19:00 horas.

Desde o Concello de Mos destacan que esta nova iniciativa busca “unir tradición, gastronomía, música e promoción do produto galego” dentro dunha das celebracións máis consolidadas do municipio.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, subliñou ademais que “a Rosa e o rosado comparten identidade, personalidade e vínculo coa terra”, destacando a aposta do Concello por seguir ampliando e renovando a programación da Festa da Rosa sen perder a súa esencia tradicional.

Comparte este artigo