Nidia Arévalo esixe a dimisión da ministra Redondo e denuncia “a falta de seguridade e protección real das mulleres en España”

Redacción
Lectura mínima de 4
  • A portavoz adxunta do GPP cualifica á ministra de achegar “cero solucións” á violencia de xénero no noso país.
  • Critica que Ana Redondo mesmo chegou a “anunciar medidas sen contar con medios, nin recursos de ningún tipo” .
  • “Máis mortes por violencia de xénero, máis agresións machistas e derrubamento nas clasificacións de seguridade. O que se traduce na total desconfianza das mulleres de España ao seu Goberno”, reprocha.
  • “Por moito que saque novas licitacións multimillonarias e por moito que mal utilice todo o poder das arcas públicas, a que falla é vostede: Dimita”

A portavoz adxunta do GPP no Senado, Nidia Arévalo, pide á ministra Ana Redondo que presente a súa dimisión dunha vez por todas ante os continuos fracasos nas súas políticas a cargo da súa carteira e denuncia “a falta de seguridade e protección real das mulleres en España”.

Nestes termos trasládao á ministra de Igualdade tras preguntarlle na sesión de control ao Goberno no Pleno do Senado “que opinión merécelle que o Executivo sexa incapaz de garantir a protección real das vítimas de violencia de xénero”.

A senadora pontevedresa acusa á ministra de non ser “capaz de atender ben nin o que si lle compete, como para que se poña a inventar novos modos de malgastar o diñeiro público”.  Ante esta falta de capacidade para xestionar un ministerio vital para as vítimas da violencia de xénero, a dirixente do PP explica a crúa realidade: “Máis mortes por violencia de xénero, máis agresións machistas e derrubamento nas clasificacións de seguridade. O que se traduce na total desconfianza das mulleres de España ao seu Goberno”.

A isto, engade “os escándalos asociados ao seu Ministerio, ao Goberno e ao PSOE., á vez que subliña que Redondo achega “cero soluciones” para “garantir a seguridade real das vítimas”. “Vostede é a ministra das pulseiras que fallan, a ministra da opacidade nos contratos e a ministra do se non o vexo non o creo”, insiste Nidia Arévalo, que tacha a folla de servizos da ministra como “vergoñosa”.

A senadora do PP reprocha a Redondo que tapase “todos” os casos de abusos machistas dos seus compañeiros do PSOE: “Nunca pensei que podía ser tan traidora cara ás mulleres. Esperabamos máis de alguén como vostede. O seu filtro ético deixouno claramente, só, para cando da discursos ou sae nos medios de comunicación”. 

Os sistemas de protección non funcionan

Neste punto da súa intervención, Nidia Arévalo denuncia os continuos fallos nos sistemas de protección ás vítimas, que acaban asasinadas e as contradicións do propio Goberno,

“Os sistemas non funcionan. E se vostede segue afirmando que si, entón, os que non funcionan son vostedes, os ministerios e o Goberno, que non saben xestionar a responsabilidade de dar unha protección real ás mulleres de España”, replica.

 Para concluír, a senadora galega recalca que “por moito que saque novas licitacións multimillonarias e por moito que mal utilice todo o poder das arcas públicas, a que falla é vostede: Dimita”.

Comparte este artigo