Nova modificación na circulación en Santa Cristina con motivo das obras de humanización da travesía interior

Redacción

Os cambios entrarán en vigor este luns, 19 de outubro, e afectarán o tramo entre a intersección de Pereira Troncoso coa Avenida Julián Valverde e o tramo da subida a Belesar (Rúa Benito Fariñas) e a Glorieta Santos Peralba (rotonda do avión).

Con motivo das obras que se están levando a cabo para a humanización da travesía interior de Santa Cristina, a partir deste luns, 19 de outubro, introduciranse modificacións no sentido de circulación en diferentes puntos da zona.

En concreto, habilitarase como dobre sentido de circulación o tramo comprendido entre a intersección de Pereira Troncoso coa Avenida Julián Valverde.

Producirase o corte absoluto da circulación no tramo comprendido entre a Glorieta Santos Peralba (rotonda do avión) e a subida a Belesar (Rúa Benito Fariñas) coa excepción da circulación soamente a residentes.

Os puntos nos que se produzan os cambios de trazado estarán debidamente sinalizados mediante sinalización circunstancial, co obxectivo de facilitar a circulación e garantir a seguridade de condutores e peóns durante o desenvolvemento dos traballos.

Recoméndase aos usuarios da vía extremar a precaución, prestar atención á sinalización e adaptar a circulación ás novas condicións de tráfico mentres permanezan en execución as obras.

Desde o Concello de Baiona pedimos desculpas a condutores e usuarios da vía polas molestias que poidan ocasionar estes cambios e as propias obras de humanización xa que estes traballos son necesarios para mellorar e poñer en valor a contorna urbana de Santa Cristina, polo que se agradece de antemán a comprensión e colaboración da cidadanía durante o desenvolvemento das actuacións.

Comparte este artigo