HomeBaixo MiñoA GuardaNovo fin de semana de éxitos a nival nacional do deporte guardés

Novo fin de semana de éxitos a nival nacional do deporte guardés

- Anuncio -spot_img

Os deportistas máis novos volven dar alegrías á Guarda cos seus éxitos máis recentes.

Álex Sierpes participou a pasada semana no Meeting Internacional de Nerja, onde participou na proba de 1500m. Alí, rematou como segundo clasificado absoluto, pero cun tempo de 3:45.40 colócase como a MELLOR MARCA NACIONAL sub-18, acadando a SEGUNDA posición no ranking EUROPEO e a CUARTA no ranking MUNDIAL sub-18, mentres que se coloca como PRIMEIRO no ranking GALEGO ABSOLUTO.

Ademais, esta marca supón o novo RÉCORD GALEGO Sub-18 e catapulta ao atleta guardés ao top-10 histórico español xuvenil, demostrando o seu gran nivel.

Durante a fin de semana, o guardés Anxo Rodríguez Guisantes viaxou á localidade andaluza de Vélez-Rubio coa Selección Galega de Petanca para participar no Campionato de España de Dupletas Xuvenil. Despois de dous días de competición, o equipo galego foi vencido na final, conseguindo así un SUBCAMPIONATO NACIONAL moi loitado polos galegos.

Parabéns a estes dous xoves deportistas! Sodes increíbles!

Publicacións Relacionadas