HomeVigoNigránO alcalde de Nigrán abre en Gandía o Encontro Estatal de Gobernos...

O alcalde de Nigrán abre en Gandía o Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación

- Anuncio -spot_img

Juan González lidera a súa vez a delegación galega do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, composta por representantes de Barreiros, Boiro, Cartelle, Cuntis, Lugo, Moaña e As Neves

A construción dun mundo máis xusto comeza tamén desde os municipios”, sinalou González na inauguración ante máis de 250 técnicos e políticos de toda España, ao tempo que animou a seguir tecendo alianzas e erguendo pontes

O alcalde de Nigrán, Juan González, abríu onte en calidade de vicepresidente da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad o terceiro encontro estatal de gobernos locais e cooperación, en Gandía (Valencia) canda a secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Eva Granados. O rexedor, presidente a súa vez do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, lidera nestas xornadas a delegación de Galicia, composta por oito gobernantes de Barreiros, Boiro, Cartelle, Cuntis, Lugo, Moaña e As Neves. Canda elas e eles, máis de 250 representantes políticos e técnicos municipais de todo o Estado debaten ata o día de hoxe o papel chave das administracións locais na solidariedade internacional e os desafíos que enfrontan.

“As xornadas constitúen un punto de encontro para todas aquelas persoas e institucións que cremos firmemente no poder transformador da cooperación internacional desde o local. A construción dun mundo máis xusto comeza tamén desde os municipios”, sinalou González, quen animou a seguir “tecendo alianzas, erguendo pontes, alzando a voz por quen ve vulnerados os seus dereitos e abrindo camiños cara un mundo en que ningún territorio nin ningunha persoa queden atrás”, como exemplo, o Concello de Nigrán está moi preto de conquerir o compromiso marcado por lei de que as administracións adiquen antes do ano 2030 o 0,7% do seu orzamento a cooperación internacional .

Pola súa banda, a secretaria de Estado apuntou que “o contexto internacional pon en cuestión o valor da cooperación internacional, polo que é máis necesario ca nunca explicar o valor da solidariedade global e reivindicar a cooperación ao desenvolvemento”. A apertura completouse coas intervencións do Fons Valencià per la Solidaritat, Generalitat Valenciana, FEMP e do alcalde de Gandia.

O programa destas xornadas que rematan hoxe estrutúrase en cinco plenarias que abordan a cooperación multinivel, os retos do actual contexto mundial, a achega do municipalismo á axuda oficial ao desenvolvemento, o impacto do novo Real Decreto de subvencións e a cooperación feminista.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 116 concellos e as catro deputacións de Galicia, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur Global e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego vai cumprir 28 anos tendo apoiado uns 200 proxectos en máis de trinta países e promovendo numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur e a Axenda 2030.

Publicacións Relacionadas