- O Concello da Guarda continúa coa campaña de promoción dos novos establecementos e daqueles negocios que estrean nova xerencia no municipio
- O estudo, situado na rúa Manuel Álvarez, 30 – baixo esq; ofrece servizos de tatuaxe, piercing, xoiería, eliminación láser de tatuaxes, micropigmentación e microblading
- O novo establecemento está impulsado pola emprendedora guardesa Montserrat González Pérez, que tras varios anos de experiencia profesional dá o paso de abrir o seu propio estudo na Guarda
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, visitou, dentro da campaña de promoción dos novos establecementos e daqueles negocios que estrean nova xerencia no municipio, Lua Sacra Studio, un novo espazo dedicado á tatuaxe, piercing, xoiería e diferentes servizos relacionados coa estética.
O proxecto está impulsado pola emprendedora guardesa Montserrat González Pérez, que tras desenvolver a súa actividade profesional en diferentes estudos de Vigo e noutros puntos da provincia decidiu dar o paso de poñer en marcha o seu propio na Guarda.
Lua Sacra Studio nace coa intención de crear un espazo no que o arte, a expresión persoal, a estética e o coidado se dean a man, ofrecendo unha atención próxima e personalizada e adaptando cada servizo ás necesidades e preferencias de cada cliente.
Entre os servizos que ofrece o novo establecemento atópanse os tatuaxes personalizados, piercing profesional e unha selección de xoiería, ademais de eliminación láser de tatuaxes, micropigmentación e microblading.
Precisamente, o servizo de eliminación láser de tatuaxes constitúe unha das principais apostas diferenciadoras de Lua Sacra Studio, incorporando á oferta local un tratamento especializado que permite reducir progresivamente ou eliminar tatuaxes mediante tecnoloxía láser.
Durante a visita, o alcalde Roberto Carrero coñeceu o proxecto empresarial de Montserrat González e a oferta de servizos do novo establecemento, así como a súa aposta por crear na Guarda un espazo especializado no que conflúan diferentes disciplinas vinculadas á arte, á estética e á expresión persoal.
O alcalde destacou a importancia de seguir apoiando e dando visibilidade ás persoas emprendedoras que deciden abrir novos negocios na Guarda, contribuíndo á diversificación da actividade comercial e á incorporación de novos servizos no municipio.
Dende o Concello da Guarda desexamoslle a Montserrat moito éxito nesta etapa profesional e agradecemos a súa aposta pola Guarda para desenvolver este novo proxecto.

