Home Pontevedra Caldas O Arquivo da Deputación incorpora preto de 300 documentos do fondo familiar...

O Arquivo da Deputación incorpora preto de 300 documentos do fondo familiar da familia Gándara de Portas

- Anuncio -

A través do Atopo pódese cceder en liña a fotografías, información de bens como a capela barroca de San Pedro Mártir, ou a documentos como un convenio de separación matrimonial do século XVIII

O Arquivo da Deputación vén de incorporar recentemente un novo fondo de carácter privado: a colección documental reunida e depositada con carácter permanente e de forma gratuíta pola familia Gándara, orixinaria do concello de Portas. Os preto de 300 documentos permiten mergullarse e coñecer a historia social e económica dunha parte da provincia entre os anos 1784 e 2003.

Os Gándara foron herdeiros, entre outros bens doados ao Concello de Portas no ano 1995, do Cruceiro do Culebrón e da Capela barroca de San Pedro Mártir -no lugar de Cachal na parroquia de San Pedro de Lantaño-, fundada por Don Pedro da Riva e a súa muller Alberta Alonso no último terzo do século XVIII. Estes erixiron a capelanía Mercenaria a título de Padroado Real de Legos e dotárona dos recursos necesarios para o sostemento da mesma, establecendo un vínculo regular sobre outros bens.

Os documentos depositados no Servizo de Patrimonio Documental da Deputación para súa organización, descrición, conservación e disposición para a consulta polas persoas investigadoras, transmiten una rica información sobre a evolución familiar e o seu patrimonio, destacando especialmente as certificacións eclesiásticas; partidas de bautismos e defuncións detalladas –que incluso achegan datos relativos aos motivos de falecemento-, inventarios de bens, testamentos -como o de Pedro da Riva e Alberta Alonso de 1797 no que se fai referencia a fundación da capela antes mencionada- ou incluso un convenio de separación matrimonial pouco frecuente para a época.

Cóntase tamén cunha colección de boa calidade de 32 fotografías en branco e negro de temática variada relacionada cos distintas persoas integrantes da familia, imaxes que xunto a outra documentación xa están dixitalizadas e dispoñibles para a súa consulta en liña a través do portal Atopo (atopo.depo.gal).

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas