HomePontevedraPoioO BNG de Poio denuncia a decisión de Xunta de eliminar docentes...

O BNG de Poio denuncia a decisión de Xunta de eliminar docentes do IES de Poio.

- Anuncio -spot_img

O BNG de Poio denuncia o recorte que a Xunta pretende impoñer no IES de Poio para o próximo curso 2024- 2025 coa  eliminación de dúas prazas do profesorado do ciclo de Guía do medio natural e de tempo libre. A día 31 de Xullo e con todo o curso organizado, a Xunta decide prescindir de profesorado asignado a materias específicas do vindeiro curso, unha decisión que tamén vai afectar ao profesorado de Bacharelato dado que os recortes producidos no ciclo obrigan a que aminoren o cadro de docentes que xa era escaso para Bacharelato. Dende o BNG consideramos esta decisión un exemplo do “abandono do ensino público e clara discriminación con Poio”, prexudicando así as familias e a todo o tecido educativo.

Este ciclo conta con módulos específicos que teñen que impartirse fóra das instalacións do centro educativo, o que repercute nos orzamentos e en diversos aspectos organizativos e de xestión, unha demanda que  alumnado e profesorado denunciaron o pasado mes de Xuño pedindo máis orzamento. Caldas admite que, “con esta novo recorte a situación do alumnado vese moi prexudicada poñendo e perigo a impartición do ciclo que xa demandaba máis financiamento para poder impartir materias como equitación, natación, socorrismo, paddle, ou piragüismo, sen contar o centro coas instalacións apropiadas, polo que deben recorrer ao alugueiro de instalacións externas”.

Advirte que “é a dirección do centro a que ten asumir esta decisión e reorganizar o vindeiro curso o último día e a pocas horas de pechar o centro  ,sen marxen de maniobra,  e cunha plantilla recortada que vai dificultar a continuidade do ciclo que se imparte en Poio”.

O BNG de Poio acusa a Angel Moldes de ser o cómplice necesario da Consellería de Educación, “ esta decisión arbitraria de prescindir do profesorado de Poio a día 31 de Xullo parecenos inadmisible, sumado a non adxudicar unha partida específica para os gastos deste Ciclo Medio”. Solicitamos á Consellería de Educación que rectifique e free os recortes do ensino público en Poio. Levaremos esta nova problemática  ao Pleno de Poio e sairemos a rúa  se é necesario en defensa do ensino público de Poio..

En palabras de Marga Caldas, “o profesorado e a comunidade educativa non merecen este trato. Pero moito menos merecen que despois de todo o que pasou durante este curso, de un día para outro, dean esta labaza que vai ter consecuencias graves no alumnado matriculado para o ciclo do medio natural do vindeiro curso.

Publicacións Relacionadas