Home Pontevedra Caldas O BNG de Portas organiza un acto público en Briallos con motivo...

O BNG de Portas organiza un acto público en Briallos con motivo do Día da Patria Galega

- Anuncio -

Terá lugar o venres 22 de xullo ás 21.00 h. no parque do río de Goldar (Briallos)

O BNG de Portas organiza o vindeiro venres 22 de xullo un acto aberto para analizar a complicada situación política actual, tanto de Galiza como de Portas.

O Día da Patria Galega é para o nacionalismo un día para celebrar que somos galegos e galegas, que temos unha cultura e unha lingua propias e que somos unha nación.

No acto tamén se analizará a delicada situación política que está padecendo nestes intres a veciñanza de Portas cun goberno municipal esgotado e sen ideas, incapaz de pensar na Portas do futuro e sen ganas para mellorar a vida das veciñas e veciños de Portas.

O acto contará coa participación de Arturo Fontán, concelleiro e voceiro do BNG na localidade, con Nolo González, membro do BNG de Portas, e con Carme da Silva, concelleira en Pontevedra e membra da Executiva Nacional do BNG, e celebrarase no parque do río de Goldar, na parroquia de Briallos, ás 21:00 horas.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas