Home Pontevedra O BNG de Vigo critica o anuncio dun crédito extraordinario para obras...

O BNG de Vigo critica o anuncio dun crédito extraordinario para obras cando están sen executar máis de 100 millóns

- Anuncio -

A fronte nacionalista reprocha que o alcalde insista en “enterrar” o orzamento municipal en gastos inaugurábeis en lugar de destinar máis recursos fronte ao agravamento da crise

Censura o veto do PSOE á modificación orzamentaria proposta polo Bloque para despregar medidas ante a multiplicación da pobreza e os problemas de vivenda

Xabier P. Igrexas: «Este anuncio oportunista de Abel Caballero é unha tomadura de pelo e unha intolerábel frivolidade no actual contexto de empobrecemento que vive a cidade»

O Bloque Nacionalista Galego critica o anuncio do alcalde de Vigo, Abel Caballero, dun crédito extraordinario de 25 millóns de euros. Desde a fronte nacionalista consideran unha «tomadura de pelo» esta decisión do Goberno municipal cando dos 120 millóns comprometidos para investimentos apenas estaban executados unha décima parte a metade de ano.

«Un 90% de fraude e de fume que constatan unha estratexia de promesas reiteradas de obras que nunca se chegan a facer», censurou o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que lamentou que este anuncio «oportunista» do rexedor insista en «enterrar» decenas de millóns de euros en gastos inaugurábeis en lugar de destinar máis recursos fronte ao agravamento da crise na cidade.

Igrexas cualificou de “frivolidade” este novo anuncio de investimentos mentres milleiros de fogares en Vigo teñen graves dificultades para afrontar os gastos básicos. Por ese motivo, chamou priorizar o uso do diñeiro público para atender as «necesidades reais» das viguesas e vigueses que, a xuízo do Bloque, non pasan por «grandes obras que poida inaugurar o candidato Abel Caballero» a poucos meses das vindeiras eleccións municipais.

O edil nacionalista lembrou que o propio PSOE vetou coa súa maioría absoluta unha modificación orzamentaria proposta en xullo polo BNG, neste caso destinada a despregar medidas para paliar os graves efectos da inflación e da actual carestía da vida. Entre elas, un aumento das partidas do Plan municipal de Emprego, do cheque social, das axudas de emerxencia, dun bono consumo para o pequeno e mediano comercio ou a gratuidade do bus urbano para persoas desempregadas ou beneficiarias de prestacións sociais.

Afeou tamén a recente negativa do grupo socialista, durante o Pleno celebrado a comezos de setembro, a todas as medidas trasladadas pola fronte nacionalista para abordar un dos principais problemas sociais en Vigo como o acceso á vivenda.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas