Home Pontevedra Caldas O BNG denuncia que a consellaría de Cultura permitiu a destrución parcial...

O BNG denuncia que a consellaría de Cultura permitiu a destrución parcial dun BIC en Valga

- Anuncio -

As obras de construción dun embarcadoiro turístico no río Ulla, obra promovida por Portos de Galicia, supuxeron a destrución dun antigo embarcadoiro do funicular de Valga que foi declarado BIC

O deputado nacionalista por Pontevedra Luís Bará asegura que a incoación en febreiro de 2020 do procedemento para a declaración como BIC do funicular establecía a obriga de protección e tutela, polo que houbo unha clara deixación de funcións por parte da consellaría de Cultura.

O BNG rexistrou unha batería de iniciativas parlamentares, en forma de proposición non de lei e preguntas ao goberno, para pedir explicacións e responsabilidades por uns feitos que o deputado nacionalista Luís Bará calificou como moi graves. Segundo o deputado do BNG, a incoación en febreiro de 2020 do expediente de declaración BIC do funicular de transporte aéreo de materiais Novo y Sierra en Valga (Pontevedra) obrigaba á Xunta á súa protección e salvagarda mais a dirección xeral de Patrimonio Cultural permitiu a destrución dunha parte das estrutura do antigo peirao e a aletración completa da zona.

Segundo Luís Bará “resulta evidente, tal como se pode comprobar nas fotografías do antes e despois, que as estruturas do embarcadoiro non foron protexidas, que a súa fisonomía e elementos foron completamente alterados e que a actual configuración do espazo non permite a interpretación do seu sistema de funcionamento xa que foi absolutamente transformado nun embarcadoiro para embarcacións turísticas.

Estamos pois diante dun gravísimo atentado contra o patrimonio, do que se deberán dar as pertinentes explicacións e derivar as correspondentes responsabilidades”.
Por este motivo, o deputado nacionalista rexistrou unha proposición non de lei na que solicita o seguinte

1.Levar a cabo unha investigación interna sobre a tramitación do proxecto de embarcadoiro no río Ulla en Valga e sobre a posíbel omisión do deber de protección e salvagarda do funicular de transporte aéreo de materiais Novo y Sierra en Valga (Pontevedra), logo da incoación do procedemento de declaración como Ben de Interese Cultural en febreiro de 2020.

  1. Abrir un expediente informativo e no seu caso sancionador, en aplicación do previsto na lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia, pola destrución de parte dun ben que contaba cun
    réxime de protección e salvagarda.
    O BNG tamén rexistrou unha batería de preguntas ao goberno, nos seguinte termos:
    • Informou favorabelmente a dirección xeral de Patrimonio Cultural o proxecto do embarcadoiro no río Ulla promovido por Portos de Galicia, logo da incoación do expediente de declaración como Ben de Interese Cultural do funicular de transporte aéreo de materiais Novo y Sierra en Valga?
    • Por que razón a dirección xeral de Patrimonio Cultural permitiu a destrución dun elemento senlleiro do BIC como o antigo embarcadoiro de carga e descarga de materiais, elemento
    integrante da estrutura do funicular?
    • Que servizo realizou os informes sobre o proxecto e que criterios se seguiron para xustificar a desaparición da citada estrutura e a agresión ao BIC?
    • Ten previsto a consellaría de Cultural levar a cabo unha investigación interna sobre a tramitación do proxecto de embarcadoiro no río Ulla en Valga e sobre a posíbel omisión do deber de protección e salvagarda do funicular de transporte aéreo de materiais Novo y Sierra en Valga (Pontevedra), logo da incoación do procedemento de declaración como Ben de Interese Cultural en febreiro de 2020?
    • Ten previsto a consellaría de Cultura abrir un expediente informativo e no seu caso sancionador, en aplicación do previsto na lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia, pola destrución de parte dun ben que contaba cun réxime de protección e salvagarda?

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas