Home Pontevedra O BNG denuncia que o Goberno de Caballero négalle o acceso a...

O BNG denuncia que o Goberno de Caballero négalle o acceso a información sobre a campaña publicitaria de Vitrasa

- Anuncio -

O concelleiro de Fomento incumpre o Regulanento Orgánico do Pleno e a lexislación vixente ao non facilitar a información e acceso aos expedientes municipais sobre a campaña “Móvete por Vigo, mellor no Vitrasa” 

Xabier P. Igrexas: “A pel fina ou a alerxia autoritaria a calquera crítica non vai impedir que o BNG, como forza da oposición, exerzamos a nosa labor de control e fiscalización do Goberno municipal” 

O Bloque Nacionalista Galego vén de denunciar un novo intento por parte do Goberno municipal de Abel Caballero de impedirlle o acceso a información municipal. Desta volta é o concelleiro de Fomento, Javier Pardo, quen se nega atender a solicitude de información e acceso a expedientes formulada polo BNG para coñecer quen encargou a campaña publicitaria “Móvete por Vigo, mellor no Vitrasa”, que aparece en diferentes soportes publicitarios co logotipo do Concello.  

Para o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, “é moi sospeitoso que o Goberno municipal tente impedir que se poida coñecer quen encargou esa campaña, con que obxectivos e finalidade e, sobre todo, quen a paga”. “Que é o que quere ocultar Abel Caballero? Que é o que non queren que se saiba?”, interrogou. 

Igrexas cualificou de  “delirio propio de autócratas” que a resposta asinada polo concelleiro de Fomento rexeite ilegalmente facilitar esa información por causa do seu particular desacordo coa parte expositiva do escrito. Nel o BNG advertía que resultaría un escándalo que se financiase con diñeiro público unha campaña que só persegue branquear a actual empresa concesionaria diante do crecente malestar veciñal pola grande precariedade na que se está a prestar o servizo de bus urbano. “Sorprende que na súa resposta, o concelleiro de Fomento o que non contestase é o feito de que continúa a haber 154 frecuencias recortadas no bus durante as fins de semana”, subliñou. 

O portavoz municipal nacionalista advirte que non van entrar nas provocacións do Goberno de Caballero. “O único que vamos facer é lembrarlle a obriga legal, de acordo co previsto no Regulamento Orgánico do Pleno do Concello e da lexislación vixente, de que nos faciliten esa información nun prazo de cinco dias naturais que vence este domingo dia 19.  Que se deixen de contos e dean conta do que fan”. 

“A pel fina ou a alerxia autoritaria a calquera crítica non vai impedir que o BNG, como forza da oposición, exerzamos a nosa labor de control e fiscalización do Goberno municipal, sobre todo cando do que se trata é do uso dos recursos do Concello, do diñeiro de todas as viguesas e vigueses”, remachou Igrexas.

Relacionadas

O Rosal inaugura a Oficina da Enerxía para liderar a transición enerxética no municipio

0
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h no Salón de exposicións do Concello O Rosal segue a dar pasos...

A camelia protagonista esta fin de semana en Tui

0
Setenta e cinco expositores galegos, portugueses e asturianos presentarán no Claustro da Catedral acollerá máis de 125 metros cadrados dedicados a esta flor O Claustro...

Mos avanza nas reunións veciñais cun rexeitamento rotundo á nova A52 noutra sesión informativa...

0
Tras as reunións coas parroquias de Sanguiñeda, Petelos e Tameiga, hoxe celebrouse unha nova xuntanza con Pereiras. Existe previsión de ampliar nos días 22, 27...

Digna Rivas: “Ao negar a represión franquista en San Simón o PP actúa como...

0
Para a rexedora redondelá, as declaracións do deputado popular José Luis Ferro o único que fan é “branquear o franquismo, actuando como cómplice da...

O BNG esixe melloras urxentes en dúas estradas municipais en mal estado

0
Davinia Lojo reclama ao Concello de Marín actuacións inmediatas en Macenlle-A Moreira e Arealonga para garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade da...

O alcalde de Nigrán recomenda ao deputado popular José Luis Ferro a lectura do...

0
Juan González, rexedor de Nigrán e historiador experto na Guerra Civil, ten documentado xunto a Antonio Caeiro e Clara de Saá fusilamentos e centos...

Publicacións Relacionadas