Home Pontevedra O BNG pide máis persoal e ampliar horarios para rematar coa precaria...

O BNG pide máis persoal e ampliar horarios para rematar coa precaria situación dos museos de Vigo

- Anuncio -

No Día Internacional dos Museos, a fronte nacionalista lamenta a ausencia dun proxecto museístico e cultural pola “falla de ambición e o desleixo” do Goberno de Abel Caballero

Ana Martínez: “Nun concello co orzamento máis alto da súa historia temos os museos cun funcionamento totalmente precarizado e cuns horarios ridículos”

O Bloque Nacionalista Galego pide reforzar o persoal e ampliar os horarios dos museos de Vigo para rematar coa “precaria situación” na que se encontran. Co gallo do Día Internacional dos Museos, a fronte nacionalista lamenta a ausencia dun proxecto museístico e cultural na cidade por causa da “falla de ambición e o desleixo” do Goberno de Abel Caballero.

“Cunha dotación de edificios dedicados a museos que poderían constituír unha auténtica rede municipal, é lamentable que teñan este funcionamento totalmente precarizado”, denunciou a concelleira do BNG de Vigo, Ana Martínez, quen tachou de “ridículos” os actuais horarios considerando que tanto a dotación de persoal como o mantemento das instalacións son insuficientes para facilitar que a cidadanía visite as súas coleccións.


Nese sentido, criticou que o Museo Quiñones de León, “a xoia da nosa cidade”, só abra ao público 4 horas ao día de luns a venres e tan só 3 horas durante a fin de semana. Un museo cuxo padroado leva anos sen reunirse malia ser o organismo rector. Do mesmo xeito coa Pinacoteca ou a Casa Galega da Cultura, ambas en pleno corazón da cidade, tan só abertas 3 horas en días laborábeis, 5 os sábados e 2 horas os domingos.


Dende o Bloque cuestionaron tamén a decisión do Goberno municipal de manter o Arquivo Pacheco “confinado e invisibilizado” e lamentaron que “deixase morrer” o proxecto de Museo Galego da Fotografía. “Todo isto nun concello co orzamento máis alto da súa historia e que deixa todos os anos sen gastar arredor de 150 millóns de euros que é incapaz de dotar de persoal os seus museos”, afeou Martínez.

“O Goberno non ten proxecto cultural”

A concelleira nacionalista lamentou así a “ausencia dun proxecto museístico e dun proxecto cultural para a cidade” por parte do Goberno local, que mantén os museos funcionado de forma inconexa, sen ningún plan de promoción e difusión nin tampouco un programa de formación dirixido aos centros de ensino de Vigo. “É habitual que os rapaces e as rapazas de Vigo coñezan antes os museos da Coruña, que organizan visitas escolares, que os da súa propia cidade”, salientou.

Por estes motivos, dende o BNG chamaron o Goberno municipal a ter máis “ambición” para que a rede de museos sexa tamén “motor de creación”. Martínez propuxo que se destinen como espazos para residencias artísticas e premios que fomenten as vocacións creadoras e atraian artistas da nosa contorna. “Auténticas fábricas culturais, garantes do dereito á cultura artística da nosa veciñanza”, defendeu. 

Relacionadas

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Charla informativa sobre acollemento familiar no Centro Cultural Municipal do Porriño

0
• Será este xoves, 6 de febreiro, ás 18.00 horas Estás pensando en acoller pero non tes claro como facelo? Non sabes en que consiste...

A corporación municipal aproba por unanimidade instar á Xunta de Galicia a convocar a...

0
• Tamén saíron adiante outras mocións relativas ao cauce do río Bispo, a construción dun módulo para embarcacións de remo e outra da celebración...

Publicacións Relacionadas