Home Vigo Pazos de Borbén O BNG presenta unha candidatura “solvente e con ideas” para facer de...

O BNG presenta unha candidatura “solvente e con ideas” para facer de Pazos un concello con servizos e futuro

- Anuncio -

A organización nacionalista aposta nun equipo que representa a todas as parroquias e sectores e que sae a gañar nas eleccións municipais para dar un novo impulso a Pazos

Xurxo Pardo Besadío, candidato á Alcaldía: “A partir do 28M co apoio de todas e todos abriremos por fin as portas do Concello, pechadas durante anos de gobernos da dereita”

O Bloque Nacionalista Galego presenta unha candidatura “solvente e con ideas” para facer de Pazos de Borbén un concello con servizos e futuro. A organización nacionalista confía nun equipo que representa a todas as parroquias e sectores do concello e que sae a gañar nas eleccións municipais para dar un novo impulso a Pazos.

“É momento de apostar nun cambio real no noso concello, nunha nova maneira de facer política que poña primeiro os intereses das veciñas e dos veciños e que traballe para mellorar a vida das persoas”, defendeu este sábado o candidato do BNG á Alcaldía, Xurxo Pardo Besadío, durante a presentación da lista nacionalista que contou tamén coa participación da deputada no Parlamento galego, Alexandra Fernández.

Pardo Besadío chamou a toda a veciñanza a se sumar ao proxecto do Bloque para “abrir por fin as portas do Concello, pechadas durante anos de gobernos da dereita”. Un proxecto, asegurou, que conta con propostas, con forza e con solucións para reverter a perda de poboación. “O cambio comeza xa e agora da man do BNG para que Pazos sexa un concello no que poder e querer vivir, un concello con oportunidades e non só para durmir”.

O candidato nacionalista asegurou que o futuro do concello pasa por dotalo de servizos para que a veciñanza non se vexa obrigada a facer vida nos municipios da contorna. “Precisamos comercios abertos, un centro deportivo, darlle vida ás casas dos Mestres para usos sociais como vivenda protexida, defender o noso centro de saúde, crear un centro de día para os nosos maiores e un transporte público con frecuencias”, avanzou Pardo Besadío. “Propostas realistas para mellorar a calidade de vida da veciñanza”.

Un Plan Xeral e participación veciñal

O cabeza de lista do BNG comprometeuse a traballar dende o primeiro día para sacar adiante un Plan Xeral, que sexa respectuoso co medio, que ordene as parroquias e que consolide un núcleo urbano. “Non podemos seguir cunhas normas subsidiarias de fai 30 anos que non responden ás necesidades de hoxe”.

Pardo Besadío defendeu ademais a participación como un elemento chave do proxecto nacionalista. “Quero que as asociación de veciños, as comunidades de montes, as comunidades de auga teñan voz e voto nas decisións municipais, cun goberno transparente que trate por igual a todas as veciñas e veciños”, apostou. Así mesmo, adiantou que outra das prioridades da fronte nacionalista para Pazos é poñer en valor e protexer os montes e o patrimonio arqueolóxico e etnográfico do concello.

Pola súa banda, a deputada do BNG no Parlamento galego, Alexandra Fernández, valorou que os principais problemas que ameazan o concello son similares os que padecen moitas outras localidades galegas . “O PP pretende convencernos coas súas políticas de que concellos como Pazos están nunha pendente costa abaixo pola que só queda deixarse caer”, reprochou.

Fernández contrapuxo este modelo co dos concellos BNG que demostraron a súa capacidade para conseguir unha mellor calidade de vida para a veciñanza, con políticas que revertan a destrución de servizos e a falla de oportunidades. “Non imos permitir a voladura controlada do rural por parte do PP para entregarlles os recursos enerxéticos do territorio a catro empresas multinacionais”, remachou a deputada.

Unha candidatura con ilusión

O BNG presenta unha candidatura formada por persoas novas “preparadas e con ilusión” para transformar a vida en Pazos. Acompañando a Pardo Besadío, no número 2 estará Isa Mouzo, veciña das Muras; no posto 3 Jorge Álvarez, natural de Amoedo; no 4 Laura Rodríguez, de Cepeda; e no 5 Marcos Miguez, de Moscoso. O cabeza de lista destacou tamén a incorporación como suplente de Celso Fragueiro, histórico sindicalista da CIG e primeiro concelleiro nacionalista en Pazos.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas