Home Pontevedra O BNG propón frear en seco a proliferación de pisos turísticos en...

O BNG propón frear en seco a proliferación de pisos turísticos en Vigo cunha ordenanza municipal

- Anuncio -

A fronte nacionalista chama a regular nos primeiros 100 días do novo mandato esta “ameaza ultraespeculativa” na cidade, con máis do dobre de vivendas turísticas que dispoñíbeis para alugueiro residencial

Xabier P. Igrexas: “Hai que facer prevalecer o dereito social a unha vivenda fronte á cobiza duns poucos nun contexto no que os prezos aumentaron un 50% en cinco anos”

O Bloque Nacionalista Galego propón frear a proliferación de pisos turísticos en Vigo coa posta en marcha dunha ordenanza municipal. Así o avanzou este mércores o concelleiro e portavoz do BNG, Xabier P. Igrexas, que chamou a regular nos primeiros 100 días do novo mandato esta “ameaza ultraespeculativa” na cidade, onde hai hoxe máis do dobre de vivendas turísticas que dispoñíbeis para alugueiro residencial.

“Diante do gravísimo problema do acceso social á vivenda na nosa cidade, dende o BNG temos que urxir máis unha vez a tomar medidas no ámbito local para frear este fenómeno, tal como están facendo outros concellos galegos e do Estado”, valorou Igrexas, que trasladará esta proposta na vindeira sesión da Xerencia de Urbanismo, co obxectivo de fixar este compromiso de cara ao inicio do novo mandato previsto para o próximo do 17 de xuño.

O portavoz do BNG demandou esta ordenanza para que o Concello de Vigo impida que se incremente máis a oferta de pisos de uso turístico e para actuar “con determinación” fronte ás “evidentes ilegalidades e irregularidades” no funcionamento deste tipo de vivendas, que superan as 1.100 na actualidade e que, segundo previsións do sector, poden chegar ás 1.500 nos vindeiros meses.

“Hai que facer prevalecer o dereito social a unha vivenda fronte á cobiza duns poucos”, reclamou Igrexas. Nese sentido, lembrou que na actualidade os prezos incrementaron por volta dun 50% no último lustro, situando o prezo medio dunha vivenda por riba dos 700 euros mensuais e o dunha habitación nun piso compartido excede os 350 euros por mes.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas