Home Pontevedra O BNG reclama actuacións urxentes no IES de Beade, sen auga potábel...

O BNG reclama actuacións urxentes no IES de Beade, sen auga potábel dende hai medio ano

- Anuncio -

A fronte nacionalista esixe que a Xunta de Galiza, como responsábel do centro, e o Concello, como titular da rede de subministro, resolvan esta situación que causa un “evidente prexuízo” na comunidade educativa

Xabier P. Igrexas: “O IES de Beade está asumindo o gasto de auga embotellada para as arredor de 500 alumnas e alumnos pola falla de resposta dos Gobernos galego e local”

O Bloque Nacionalista Galego reclama actuacións urxentes no Instituto de Educación Secundaria de Beade, que leva dende finais do ano 2023 sen subministro de auga potábel. A fronte nacionalista esixe que a Xunta de Galiza, como responsábel do centro, e o Concello de Vigo, como titular da rede de subministro, cooperen para resolver canto antes os problemas provocadas pola presenza de chumbo e ferro na auga, causando un “evidente prexuízo” na comunidade educativa.

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, cualificou esta situación de “incomprensíbel” e afeou que o propio centro estea a asumir o gasto para facilitar auga embotellada as arredor de 500 alumnas e alumnos deste instituto público pola falla de resposta de ambas administracións.

Igrexas urxiu o Goberno de Abel Caballero a que ordene á concesionaria do servizo de abastecemento, Aqualia, que realice novas análises oficiais para determinar o estado da auga no centro educativo así como para esclarecer a orixe destes materiais pesados, co obxectivo de iniciar o antes posíbel as reparacións necesarias para restablecer o subministro de auga potábel.

Aliás, dende o Bloque consideraron que tanto a Xunta como o Concello teñen que cooperar para fornecer ao centro de auga potábel mentres non se soluciona o problema,  evitando así que o centro siga facendo fronte a este gasto co seu escaso orzamento.

Relacionadas

Campamento urbano de verán 2024 do concello da Guarda: apertura do prazo de solicitude

0
Entre o 13 e o 31 de maio estará aberto o prazo para solicitar praza no campamento urbano de verán. O campamento desenvolverase durante...

O nacemento do Celta Feminino do embrión da Unión Deportiva Mos Feminino afianza o...

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declarábase “emocionada, ilusionada e sobre todo moi orgullosa das nosas xogadoras da UD Mos” Esta tarde celebrouse en A...

Tomiño prepárase para un verán con 650 horas de actividades deportivas e de lecer...

0
A inscrición nos diferentes campus e campamentos poderá formalizarse a través da web municipal a partir das 09.00 horas deste venres 10 de maio Tomiño...

Rafa Domínguez enxalza a reinterpretación das obras do Museo de Pontevedra realizada por Mónica...

0
Mañá inaugúrase esta mostra “coa que a artista luguesa establece diálogos entre a colección permanente do Museo e a arte contemporánea a través da...

O BNG de Vigo denuncia que a actualización do Inventario Municipal leva no “limbo”...

0
A fronte nacionalista solicita información sobre o estado de tramitación deste expediente, que incorpora preto de 21 mil modificacións sobre os bens e dereitos...

Os escolares do Porriño surfean a súa primeira ola na Praia de Patos

0
178 alumnos/as dos centros educativos do municipio viven estes días o seu Bautismo de Surf organizado polo Concello do Porriño Desde o pasado luns, o...

Publicacións Relacionadas