O BNG, a través do Concelleiro Iago Martinez, trasladou esta mañá na Comisión de Cultura a preocupación por detectar novamente unha parte do pavimento do Campo de herba sintetica da Reiboa aparentemente calcinado. Un pavimento de última xeración e rehabilitado fai un ano para poder ofrecer aos deportistas un campo de mellor calidade para o xogo.
O pavimento, como se pode constatar na foto que se adxunta, parece que foi novamente calcinado entre as lineas que dividen as areas do campo de xogo. A sorpresa deste grupo foi que a día de hoxe o goberno non ten coñecemento desta incidencia ou se foi provocada ao igual que o ano pasado como consecuencia da tirada dos fogos de artificio nas festas de San Xoán. A falta de que o goberno facilite información dado que non detectaron a mancha, quedamos a espera de que confirmen sí vinculamos o mesmo desperfecto á celebración das festas de San Xoán ou a un acto vandalico. Entendemos que sí existe unha zona calcinada tivo que plantar lume na mesma e o mesmo tivo que ser axiliado por medios humans. Neste Concello sempre se actúou con transparencia dando información sobre calquera incidencia, descoñecemos o motivo de non ter comunicado este desperfecto.
Parecenos subrealista que por segundo ano o campo sufra novamente danos, algo que non acontenceu en 28 anos de celebración da Festas de San Xoán. Este campo ten un uso concurrido,debese actúar con premura e corrixir as deficiencias.
Por este motivo, solicitamos hoxe información sobre o incidente e ante a falta de resposta, agardaremos a que nós indiquen cales foron as causas, para solicitar a súa subsanación.

