- A proba celebrarase o domingo 8 de novembro no Polígono Industrial de Cataboi (Atios), xunto ao Velódromo Municipal.
- Organizado polo Club Ciclista Grupeta Pan de Zarko, a competición é puntuable para o Superprestixio de Ciclocross 2026/27.
O Concello do Porriño acollerá este domingo, 8 de novembro de 2026, a celebración do V Trofeo Ciclocross Grupeta Pan de Zarko – Vila do Porriño . Esta cita deportiva, organizada polo Club Ciclista Grupeta Pan de Zarko en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo (FGC) e co apoio do Concello do Porriño, reunirá aos mellores ciclistas das diferentes categorías autonómicas.
O circuíto, situado no Polígono Industrial de Cataboi (Atios) —a escasos 2 quilómetros do centro urbano e xunto ao Velódromo Municipal—, conta cun trazado de 2,5 quilómetros deseñado para ofrecer o máximo espectáculo. O percorrido inclúe zonas de obstáculos artificiais, tramos de area e un punto de boxes para a mudanza e limpeza de material.
Horarios e desenvolvemento da xornada
A competición desenvolverá todas as súas carreiras ao longo da mañá do domingo co seguinte cronograma oficial:
10:00 h (1ª Saída): Máster 50/60.
11:00 h (2ª Saída): Máster 30 e Máster 40.
12:00 h: Sesión de adestramentos e entrega de premios das categorías disputadas.
12:15 h (3ª Saída): Cadete e Infantil.
13:00 h (4ª Saída): Féminas (Élite, Sub-23, Junior, Cadete, Máster e Infantil).
14:00 h (5ª Saída): Élite e Sub-23 masculino, e Junior masculino.
Servizos e acceso ao público
A organización habilitou un único acceso para o público que garante unha óptima visibilidade de case todo o circuíto, así como servizo de cafetería e zonas delimitadas de aparcamento para clubs e autocaravanas. A proba conta coas máximas medidas de seguridade e asistencia médica en liña de meta.
“Está todo preparado para que sexa unha festa do deporte”, asegurou o alcalde do Porriño , Alejandro Lorenzo,durante a presentacion da proba ao tempo que alavou o traballo da organización para a posta en marcha dunha cita que se consolida con esta quinta edición e que de novo encherá a zona de deportistas e afecionados.
Á presentación asistiron Horacio Barros , presidente del Club Ciclista Spol; Oscar Sánchez , vicepresidente da federación gallega de ciclismo; Roberto Ramírez, Presidente do Club Ciclista Grupeta Pan de Zarko e varios compoñentes mais do clube

