Free Porn
xbporn
Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán investirá os cartos previstos para o campo de...

O concello de Nigrán investirá os cartos previstos para o campo de fútbol de Camos en obras de saneamento e abastecemento nesta parroquia en Nigrán

- Anuncio -

Tras a negativa da Comunidade de Montes de cumprir cos requerimentos de cesión da Deputación de Pontevedra para que o Concello puidese realizar o campo de fútbol, o goberno local reasignará o orzamento de 287.646 € do ‘Plan + Provincia’ a esta outra cuestión


Destinaranse 157.600 € a ampliación do saneamento, abastecemento e mellora do camiño da Carballeira (Camos) e 215.000 € ao saneamento A Pateira (Nigrán)


O Concello de Nigrán reasignará os cartos consignados para a construción dun campo de fútbol en Camos a cargo do ‘Plan + Provincia’ da Deputación de Pontevedra a obras de abastecemento e saneamento nesta parroquia e na de Nigrán. O cambio deste investimento prodúcese forzósamente tras a negativa da Comunidade de Montes de cumprir cos requerimentos de cesión dos terreos da Deputación de Pontevedra para que o Concello puidese realizar dita infraestrutura deportiva (inicialmente o ente provincial pedíu unha cesión temporal e, despois, unha permanente). Deste xeito, o goberno local reasignará os 287.646 € do ‘Plan + Provincia’ sumado a fondos propios (84.954 €) á ampliación do saneamento e abastecemento no camiño da Carballeira (Camos) e 215.000 ao saneamento en A Pateira (Nigrán). Ambas actuacións beneficiarán a unha trintena de familias.
“Eliximos estes investimentos porque xa dispoñíamos dos proxectos e era urxente axilizar a cuestión e, ademais, porque unha das obras é en Camos, onde precisamente tivemos que deixar de investir no campo de fútbol”, explica o alcalde, Juan González, quen considera “de primeira necesidade” levar o saneamento e o abastecemento a todos os rincóns do municipio.
Actualmente, a rúa Pateira (une rúa dos Pazos PO.332 coa igrexa de San Fiz), non dispón de saneamento e nalgúnhs dos seus tramos tampouco hai abastecemento. Por iso, o propósito das obras é conectar esta rúa coa rede existente, repoñéndose a continuación o pavimento afectado. Parte da actuación discorre por unha estrada autonómica, polo que é preciso a autorización previa da Axencia Galega de Infraestruturas (Xunta).
Por outra banda, no camiño da Carballeira (núcleo de San Roque, en Camos), contémplase dotalo dunha rede de saneamento a través dun colector que discorra ata a derradeira vivenda situada no punto máis baixo da estrada, onde un pozo de impulsión bombeará as augas residuais ata a rede actual de saneamento na EP-2102 (cruce co torreiro de San Roque). A maiores, dotarase ao camiño de rede subterránea de baixa tensión que permitirá eliminar o tendido aéreo nun futuro e ensancharase e mellorarase o vial cun novo muro de contención e extendido de pavimento de formigón

Relacionadas

O vicepresidente da Deputación asiste ao acto de presentación do equipo de 1ª División...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto de presentación do equipo de 1ª División Nacional Masculina da SD Teucro,...

O pleno da corporación municipal do concello de Campo Lameiro garda un minuto de...

0
Aprobaron unha axuda de natalidade e os festivos locais que quedan fixados para o 13 de xuño, San Antón, e 29 de setembro, San...

O BNG traslada problemas ocasionados polas obras do saneamento no Lameira

0
Dende o BNG de Marín denúnciase a falta de accións ante os vertedoiros e a precariedade na execución das obras, que afectan á veciñanza...

Luis López sinala que o aumento do 40 % nas axudas a cooperativas agrícolas...

0
O presidente provincial percorreu os viñedos e a bodega de Paco & Lola en Meaño con motivo de inicio da campaña da vendima, onde...

Este venres o historiador Bieito Alonso presenta en Tui o seu último libro

0
Trátase de “Inimigos ás portas: Frank López e o anarquismo global”. Será ás 20 h na Sala Municipal Este venres, 20 de setembro, ás 20...

Arte urbana en Tomiño da man do artista internacional Marion Ve

0
O muralista colombiano está a crear na Avenida de República Arxentina unha obra inspirada nos cores tomiñeses coa que transmitir enerxía positiva Concello e Migrarte...

Publicacións Relacionadas