HomeO MorrazoMarínO Concello convocará 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán 

O Concello convocará 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán 

- Anuncio -spot_img

O prazo para a inscrición abrirá o 28 de abril e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor e no CEIP de Seixo. 

A concelleira Mónica Viqueira e a directora do CIM de Marín, Marián Sánchez, informaron esta mañá de que o 2 de maio abrirá o prazo para inscribirse nas 300 prazas para os campamentos de conciliación de verán organizados polo Goberno local, dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, escolarizados no curso 2024/2025. 

A inscrición poderá realizarse de dúas maneiras: presencialmente no Rexistro municipal, cun máximo de 5 solicitudes por persoa ou de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Marín co certificado dixital. No caso de non telo, pode solicitalo no Concello a través deste link: https://www.concellodemarin.es/expedicion-de-certificado-dixital/ 

O prazo de presentación rematará o 16 de maio. O prezo público será o mesmo que todos os anos, 30 euros por cada neno ou nena. Mantéñense as catro quincenas para os campamentos urbanos e as dúas para o rural, volvendo a ofertar 300 prazas, repartíndose da seguinte forma: 

➡️ 1 – 14 de xullo: 

�� CEIP do Sequelo: 75 prazas 

➡️ 17 – 31 de xullo: 

�� CEIP do Sequelo: 75 prazas 

�� Casa de Cultura de Mogor: 25 prazas

➡️ 1 – 14 de agosto: 

�� CEIP do Sequelo: 50 prazas 

➡️ 18 – 29 agosto: 

�� CEIP do Sequelo: 50 prazas �� CEIP de Seixo: 25 prazas

Publicacións Relacionadas