Home Pontevedra A Lama O concello da Lama destina uns 46.000 euros ao pavimentado e mellora...

O concello da Lama destina uns 46.000 euros ao pavimentado e mellora dos Camiños de Recelo e Sucastro

- Anuncio -

Ademais do asfaltado e formigonado instaláronse sistemas de canalización de augas pluviais para evitar que as fortes choivas aneguen estes viais e provoquen serios problemas á veciñanza

O Concello da Lama acaba de remata-las obras de mellora e pavimentación dos camiños de Racelo e Sucastro cun investimento total duns 46.000 euros procedentes do remanente de tesourería do que dispón a administración local pola súa situación de equilibrio orzamentario e solvencia económica.

Esta actuación levada a cabo en ámbolos dous camiños permitirán mellora-la accesibilidade rodada ao rosario de vivendas existenes así como dos vehículos de emerxencias e ambulancias que antes tiñan moi dificultado o seu paso pola estreitez destes camiños e do seu propio trazado.

Os traballos realizados no camiño de Racelo e no de Sucastro foron orientados, fundamentalmente, a mellora-lo pavimento existente, ancheando o vial nos lugares nos que se puido e tamén favorecendo a creación de sistemas de drenaxe e escorrentía para evitar que no inverno, pola acción das intensas choivas, se formaran bolsas de auga en diversas zonas do traxecto dificultando o paso de peóns e tamén deteriorando estas infraestruturas viarias.

Tamén se melloraron nalgúns lugares as taxeas, colocáronse tubaxes para canalizar as augas pluviais e se modificaron peraltes no pavimento para favorecer as escorrentías e a evacuación das choivas.

En varias zonas habitadas alternouse o uso de alquitrán en quente con formigón armado coa intención de actuar da mellor maneira posible nos espazos onde se estaba intervindo.

Finalmente, no camiño de Sucastro instalarase un sistema que evite que os coches que acceden á estrada principal a través deste camiño de comunicación interior non se vexan obrigados a desgastar por efecto do derrape das rodas pola pendente e poder tomar máis aberto o trazado coa cal se pretende evitar o desgaste e deterioro desa zona que está agora recén pavimentada.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas