HomePontevedraA LamaO concello da Lama e a empresa Idades organizan, do 25 ao...

O concello da Lama e a empresa Idades organizan, do 25 ao 29 de agosto unhas xornadas de portas abertas do novo Centro de Día

- Anuncio -spot_img

Está especialmente dirixida a todas as persoas interesadas en coñecer de primeira man os servizos e instalacións deste recurso social, pensado para mellorar a calidade de vida das persoas maiores e favorecer a conciliación das familias.

O Concello da Lama e a empresa Idades, adxudicataria do concurso público, realizarán unhas Xornadas de Portas Abertas no Centro de Día da Lama, do 25 ao 29 de agosto, dirixida a todas as persoas interesadas en coñecer de primeira man os servizos e instalacións deste recurso social, pensado para mellorar a calidade de vida das persoas maiores e favorecer a conciliación das familias.

Durante estas xornadas, o centro permanecerá aberto ao público para que veciños, familiares e profesionais do ámbito social e sanitario poidan achegarse, informarse e resolver todas as súas dúbidas. O persoal do centro acompañará aos visitantes nun percorrido polas instalacións, explicando o funcionamento diario, as actividades programadas e os servizos que se ofrecen.

Entre outros aspectos, daranse a coñecer o programa de actividades de estimulación cognitiva, física e social; os servizos de atención personalizada, coidado e acompañamento; as instalacións adaptadas ás necesidades das persoas usuarias; e as vantaxes que supón para as familias contar con este recurso de apoio.

O obxectivo destas Xornadas de Portas Abertas é achegar o funcionamento do centro á cidadanía, amosar a súa utilidade como espazo de convivencia e atención integral e reforzar a confianza das familias na atención que reciben as persoas maiores.

As xornadas están aberta a toda a veciñanza da Lama e da contorna, e non é preciso inscrición previa. Recoméndase asistir ao longo da mañá para poder participar nas visitas guiadas que se realizarán en diferentes quendas.

Con este evento, o Concello da Lama e Idades pretenden afondar na apertura informativa sobre o funcionamento que terá o Centro de Día da Lama e reafirmar o seu compromiso coa transparencia, a proximidade e a mellora continua da atención ás persoas usuarias.

O alcalde da Lama, David Carrera, valorou moi positivamente esta iniciativa “que pretende achegar un novo servizo á veciñanza que está especialmente pensado e deseñado para cubrir unha demanda que presenta a poboación de maior idade coa intención de que estea o mellor atendida posible, teña espazos que estimulen a súa psicomotricidade e poida ser tamén un elemento que facilite a conciliación entre a vida laboral e familiar de moitas familias así como un elemento que favoreza tamén o respiro das persoas coidadoras”.

Publicacións Relacionadas