HomeVigoBaionaO Concello de Baiona aproba os orzamentos máis altos da súa historia...

O Concello de Baiona aproba os orzamentos máis altos da súa historia co obxectivo de mellorar os servizos municipais

- Anuncio -spot_img

Poténciase a Axuda Social e increméntase o Investimento Produtivo

O Concello de Baiona aprobou por maioría absoluta hoxe os seus orzamentos para o ano 2025 cun importe total de 11918376,46 euros, os máis altos da súa historia, co incremento do 6,34%, co obxectivo de mellorar os servizos municipais.

A posta en marcha da RPT, aprobada anteriormente, é un dos principais elementos para alcanzar este obxectivo durante o ano en curso, coa creación da Oficina de Atención Cidadá, a través da Reorganización dos servizos administrativos do Concello, mellorando a atención presencial e on-line ao cidadán.

No ámbito Social (a partida máis importante do orzamento) comprometémonos a través do Orzamento para protexer, como sempre, aos veciños máis fráxiles, incrementando o investimento en Emerxencia Social e comprometéndonos a subila máis ao longo do ano se fose necesario. Destaca tamén a creación dunha nova subvención para a Asociación Española contra o Cancro.

En Investimentos produtivos:aumentamos os fondos propios, chegando a 352.708.

Más Investimentos grazas a acordos con outras Administracións:

  • A Xunta de Galicia destaca coa Humanización de Pórtaa do Sol, a Mellora de Pavillóns de Baiona e Fontes ademais doutros proxectos en curso.
  • Deputación de Pontevedra con axudas como o Plan Extra, o Plan Mais Provincia e o Plan de Infraestruturas Deportivas, onde destacan a humanización de Santa Liberata, a Mellora de Pavillóns, Mellora da Mobilidade peonil de Baredo aos que se engadirán novos investimentos que se están preparando.

Outro dos obxectivos é a contención do gasto corrente, xa que o obxectivo desta administración é manter por baixo de 30 días o período medio de pago a provedores, o cal, ao comezo do mandato estaba en 79 días.

Seguiremos licitando servizos municipais de importante custo, como fixemos co Servizo de Axuda no fogar, Actividades deportivas, Telecomunicacións, Mantemento de Zonas verdes: Recollida de Lixo, limpeza viaria, subministración de enerxía eléctrica entre outros.

Engadimos adxunta a nota do importante convenio realizado coa Deputación de Pontevedra para a prospección no recinto de Monterreal.

Publicacións Relacionadas