- Xa soamente recibe subministración da presa de Baíña
O Concello de Baiona ha decido hoxe, 17 de novembro, desconectarse da subministración de auga xa que se dá por seguro la recuperación despois das precipitacións dos últimos días que sitúan a reserva de auga de Baiona ao 29,03%, segundo os datos publicados por Augas de Galicia onte.
Cabe destacar a subida de la última semana, cando o dato se situaba nun 14,04% a día 9 de novembro, polo que cos últimos datos, desde o consistorio baionés dáse por concluída a seca.
A estabilidade das choivas de la última semana móstranos que o período de seca concluíu.
A rede de subministración baionesa estaba ao 24,96% cando se conectou o día 7 de setembro.
O Concello de Baiona asinou a finais do mes de agosto un convenio de colaboración co Concello de Nigrán para a subministración de auga para unha parte da poboación mentres que a parte alta do municipio seguía recibindo auga do encoro de Baíña.

