Home Vigo Baiona O Concello de Baiona pon en valor a actividade económica, cultural, turística...

O Concello de Baiona pon en valor a actividade económica, cultural, turística e patrimonial do municipio a través dun documental

- Anuncio -
  • A estrea terá lugar o domingo 25 de setembro ás 18:30h na praza do Concello de Baiona
  • Intervirán na presentación o alcalde de Baiona, Carlos Gómez; o director da produtora Xurdir, Ignacio Seijo; e presentará o acto Belén Xestal, xornalista

O Concello de Baiona estreará o domingo 25 de setembro ás 18:30h o documental “Baiona, a gran descuberta”. A presentación terá lugar na Praza do Concello de Baiona, e no caso de mal tempo celebrarase no Auditorio V Centenario. No acto intervirá o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, o director da produtora Xurdir, Ignacio Seijo, e será presentado por Belén Xestal, xornalista, quen tamén lle puxo voz ao documental.

Xurdir realizou proxectos similares noutros 31 concellos de Galicia, nestes últimos catro anos de percorrido continuo con esta novidosa idea audiovisual.
A produtora Xurdir e o Concello de Baiona invita a todo aquel que queira asistir a esta estrea e agradécelle a súa atención e presenza.

“Esta peza audiovisual realizada pola produtora audiovisual Xurdir en colaboración co Concello e a participación de diversos protagonistas da vila, ten como obxectivo reflexar o traballo que desenvolven neste momento moitas empresas do Concello de Baiona, así como toda a riqueza que xeran todas as que conforman a vida e a actividade deste municipio. Tamén se pon en valor neste filme a paisaxe natural da zona e o seu patrimonio cultural”, destaca o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, quen convida a toda a veciñanza o coñecer este bonito traballo.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas