O concello de Baiona presenta o libro “Crónicas da vila de Baiona” de Pedro G. Cuartango

Redacción

A sala da Capitanía Marítima de Baiona acollerá o vindeiro mércores 19 de agosto ás 20:00h, a presentación oficial do libro do escritor, xornalista e columnista do Mundo e ABC Pedro G. Cuartango.

Unha recompilación en 23 capítulos, que recolle as vivencias, experiencias e anécdotas que cada agosto, desde o ano 2012, cunha filosofía e mestría creativa, redactou Cuartango.

Máis dunha vintena de artigos que nos ofrecen a oportunidade de descubrir Baiona desde outro prisma, desde a mirada, o enxeño e o sentimento nostálxico do escritor. O libro vai acompañado de fotografías de lenzos coloristas do artista cangués Raúl Velloso, que complementan á perfección con enerxía, música e ritmo esta obra que edita o Concello de Baiona para o desfrute de todos os amantes da lectura, coa colaboración inestimable da empresa líder en xestión da auga, GESTAGUA.

Comparte este artigo