HomeVigoBaionaO concello de Baiona revisa a calidade de augas das fontes municipais...

O concello de Baiona revisa a calidade de augas das fontes municipais para verificar a súa garantía sanitaria

- Anuncio -spot_img

A nova normativa implica o aviso aos usuarios das fontes naturais desta situación

O Concello de Baiona pon en coñecemento dos veciños e visitantes que a auga procedente dalgunhas fontes públicas non dispoñen da garantía sanitaria conforme aos criterios establecidos pola normativa vixente, xa que non está tratada con cloro.

Estas fontes non están conectadas á rede de abastecemento de auga potable e, para protexer a saúde pública e evitar riscos sanitarios derivados do consumo de auga, infórmase mediante un cartel que está colocado en cada unha das fontes afectadas, de auga sen garantía sanitaria e sen tratamento de desinfección.

O Concello realiza periodicamente analíticas de control nas fontes de auga sen conexión á rede de abastecemento e que, por tanto, non están cloradas, para verificar que o consumo humano sexa o adecuado, como vén facendo sempre, pero por normativa sinalizáronse para a información dos usuarios das mesmas.

Publicacións Relacionadas