O Concello de Baiona únese á iniciativa ‘1m2 contra a basuraleza’ para concienciar á cidadanía sobre a importancia de manter os espazos naturais libres de lixo este sábado 5 de outubro cunha recollida de basuraleza na Praia de Frades

adminON
Lectura mínima de 2

O Concello de Baiona, a través da concellería de medio ambiente, colabora co Parador de Baiona e súmanse ao proxecto Libera “1m2 polas praias e mares” cunha xornada de limpeza matinal este sábado 5 de outubro en Praia de Frades. O punto de encontro é ás 11:00 horas no Parque da Palma, desenvolvéndose a acción neste areal. As persoas interesadas en participar deben inscribirse enviando un email a maria.guerra@parador.es

Esta acción voluntaria ten como obxectivo non só liberar á natureza de lixo, se non caracterizar e tipificar o refugallo en cada punto onde se atopa. A xornada desenvolverase coas medidas de seguridade e prevención necesarias para salvagardar a saúde dos participantes.

Desde a concellería de Medio Ambiente anímase á veciñanza para participar nesta actividade facendo especial fincapé nas persoas máis pequenas da casa.

A educación e concienciación sobre a importancia de manter os nosos espazos naturais libres de lixo é clave para garantir un futuro sostible. É fundamental que, desde idades temperás, os nenos e nenas aprendan a valorar e coidar o noso medio ambiente. Desta maneira, podemos inculcarlles valores como a responsabilidade e o respecto pola natureza, e asegurarnos de que as futuras xeracións sexan conscientes da importancia de protexer a nosa contorna. Hai que concienciar desde a participación cidadá.

A basuraleza, que se refire aos residuos xerados polo ser humano e abandonados na natureza, alteran o equilibrio e funcionamento dos ecosistemas, é o obxectivo principal desta campaña. “Son todos os residuos que os humanos deixamos na natureza”, explicouse. Para combater este problema, o proxecto LIBERA, impulsado por SÉ/BirdLife en alianza con Ecoembes, busca visibilizar a problemática do abandono de residuos e concienciar á cidadanía sobre a importancia de manter os espazos naturais libres de lixo.

Comparte este artigo