- O Concello de Baiona resolve varios expedientes sancionadores, si queremos cumprir coas normativas europeas debemos mellorar a forma de eliminar os nosos residuos.
O Concello de Baiona informa de que se están tramitando expedientes sancionadores por incumprimentos relacionados co depósito incorrecto de residuos na vía pública, especialmente por deixar bolsas, caixas ou outros residuos fóra dos colectores cando estes dispoñen de espazo suficiente para o seu depósito.
Desde o Concello lémbrase á veciñanza, aos establecementos comerciais e hostaleiros a importancia de facer un uso correcto dos colectores e dos servizos municipais de recollida de residuos, evitando depositar lixo na vía pública ou deixar residuos voluminosos, como mobles, colchóns, electrodomésticos ou outros obxectos de grandes dimensións xunto aos colectores sen aviso previo ao servizo de voluminosos chamando o número
☎️ 900 101 925.
Tamén se lembra que se dispón dun punto limpo na parroquia de Baíña que está aberto os luns, mércores, venres e sábados en horario de 10 a 14h. e os mércores tamén polas tardes de 16 a 20h.
Estas condutas, alén de supoñer un incumprimento da normativa municipal, prexudican a imaxe do municipio, dificultan os traballos de limpeza e poden xerar problemas de salubridade e molestias para a veciñanza.
O Concello de Baiona lembra que os residuos deben depositarse sempre no contedor correspondente, correctamente pechados e dentro do horario establecido segundo a ordenanza municipal.
O Concello anima á cidadanía para utilizar este servizo e a non abandonar os voluminosos na rúa, contribuíndo así a manter Baiona máis limpa, ordenada e respectuosa co medio ambiente.
Desde o Concello sublíñase que a colaboración da veciñanza é fundamental para garantir unha correcta xestión dos residuos. Ao mesmo tempo, advírtese de que se continuará realizando o control e seguimento dos puntos de depósito e tramitando os correspondentes expedientes sancionadores cando se detecten incumprimentos.
O Concello de Baiona agradece a colaboración da cidadanía e fai un chamamento ao civismo e á responsabilidade individual, lembrando que manter limpas as rúas e os espazos públicos é unha responsabilidade compartida.

