O concello de Bueu abre o prazo de inscrición para a obtención do permiso municipal de condución de taxis para o 2024

adminON
Lectura mínima de 2

• As persoas interesadas poderán anotarse ata o 4 de marzo, e despois deberán aprobar unha proba tipo tes de 30 preguntas

O Concello de Bueu abre a inscrición para a obtención do permiso municipal de condución de taxis de Bueu para o ano 2024. As bases, que se atopan publicadas na web municipal e no taboleiro de anuncios, establecen de prazo de inscrición ata o 4 de marzo.

As persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos, como ter cumpridos os 18 anos e non exceder a idade legal de xubilación, acharse en posesión do permiso de condución de clase B ou superior, ningunha enfermidade infecto – contaxiosa ou impedimento físico ou psíquico que imposibilite o exercicio da profesión, e non atoparse inhabilitado para a profesión de taxista por sanción administrativa ou sentenza xudicial firme. Rematado o período de inscrición, publicarase unha listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as e, posteriormente, outra definitiva, que dará paso a unha proba de capacitación.

A proba consistirá nun exercicio de 30 preguntas tipo test arredor de coñecemento do termo municipal de Bueu e dos seus arredores, coñecemento de normas relativas ao servizo, réxime de aplicación das tarifas de taxi, coñecementos para atender debidamente ás persoas usuarias, coñecemento básico de primeiros auxilios, coñecemento da lingua galega e sobre cuestións contables e fiscais básicas arredor da actividade do transporte de persoas viaxeiras en vehículos de turismo.

Comparte este artigo