Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán busca un novo leira-parking no centro urbano para...

O concello de Nigrán busca un novo leira-parking no centro urbano para gañar maís de 120 prazas de estacionamento

- Anuncio -

Convoca un novo concurso público de aluguer de fincas no que se establece un máximo de 13.068 €/ano para 3.000 m² de terreo. Este leira-parking gratuíto sumaríase ao situada na rúa Vilameán en terreo municipal

Os pregos inclúen que se sitúe a un radio de 250 metros da Casa do Concello, mínimo de 2.000 m² de superficie e un prezo máximo de 3,60 €/m2/ano, priorizándose na adxudicación a mellor oferta económica e a distancia con respecto ao Consistorio

“O obxectivo é contar antes do verán cun segundo espazo de estacionamento gratuíto que facilite á veciñanza acudir ao centro de Nigrán a facer recados, de lecer ou de compras”, explica o rexedor, Juan González

O Concello de Nigrán busca un novo leira-parking gratuíto no centro urbano que se sume ao situado desde o ano pasado en 1.200 m² de terreo municipal na rúa Vilaméan. Con este obxectivo, hoxe publicouse en Sede Electrónica (‘Perfil do Contratante’) o decreto coas bases do concurso público para adxudicar un contrato privado de arrendamento dunha parcela ubicada a non máis de 250 metros da Casa Consistorial. O procedemento, en aras da máxima transparencia e legalidade, é o mesmo que se seguíu no ano 2020 para alugar o da rúa Torriña (funcionou ata 2023, rexeitando a propiedade a prórroga). Os pregos novamente esixen que se sitúe a un radio de 250 metros da Casa do Concello, que teña un mínimo de 2.000 m² de superficie e sube o prezo máximo aos 3,60 €/m2/ano. Os interesados que cumplan os requerimentos esixidos nas bases dispoñen ata o 16 de maio inclusive para presentar as súas ofertas, priorizándose na adxudicación a mellor rebaixa económica e a distancia con respecto ao Consistorio.

“O obxectivo é contar antes do verán cun segundo espazo de estacionamento gratuíto que facilite á veciñanza acudir ao centro de Nigrán a facer recados, de lecer ou de compras; é algo que favorece a vida diaria da xente, beneficia ao comercio e hostalaría e anima a deixar o coche nun punto e e botarse a camiñar”, sinala o alcalde, Juan González, quen estima en que se gañarán un mínimo de 120 prazas que se suman ás preto de 100 da rúa Vilamén, tamén a menos de 250 metros do Concello.

As características establecidas para esta parcela mantéñense iguais que no 2020 coa salvedade dun aumento do prezo máximo do arrendamento, que pasa de 2,58 €/m2/ano a 3,60 m2/ano (suma un máximo de 13.068 €/ano incluíndo IVE). Así, figura novamente como imprescindible situarse nun radio de 250 metros medidos desde a porta ata a casa consistorial; acceso por vial público asfaltado e con iluminación pública e fronte mínima de 5 metros; topografía eminentemente chaira; solo rústico ou apto para desenvolver; ou superficie mínima de 2.000 m2 non sendo abonados nin empregados os metros cadrados que superen os 3.000 m². Valórase, ademais da mellora económica e a distancia, a posibilidade de que a parcela poida ter máis dunha saída independente. Finalmente, o contrato será renovable anualmente ata un máximo de 4 anos.

Con este aluguer, sumado ao leira-parking xa existente na rúa Vilameán, o goberno local outorgaría ao centro do municipio dunha capacidade de aparcamento tal que nutriría incluso as necesidades do verán, cando se multiplica a poboación. A maiores, e ademais da liña de autobús intramunicipal Nigranbus, compre recordar que na Ramallosa, o outro gran centro urbano do municipio, o Concello mentén desde 2022 operativo un parking 100% público e gratuíto cunha media de uso de 600 vehículos diarios.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas