O Concello de Bueu reuniu este venres, 13 de xuño, ao xurado do I Certame de decoración polo Mes do Polbo e elixiu as propostas gañadoras nas categorías de individual, colectiva e de escaparates comerciais e hostalaría. O salón de plenos foi o espazo elixido para a xuntanza do xurado cualificador, que estivo composto por Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, Isabel Quintás, tenente de alcalde, e Elena Estévez, voceira do PP.
Remítese nota de prensa coa información completa e foto da reunión do xurado.
As propostas gañadoras podedes velas na seguinte ligazón:
https://drive.google.com/drive/folders/1_mTVLsX0WhWYZLLH1qFMGVvYReksnIHi?usp=sharing