HomeO MorrazoMarínO Concello de Marín licita a instalación de videomarcadores LED nos pavillóns...

O Concello de Marín licita a instalación de videomarcadores LED nos pavillóns da Raña e do Sequelo 

- Anuncio -spot_img

O Concello de Marín aprobou a contratación para a dotación de equipamento de videomarcadores LED nos pavillóns da Raña e do Sequelo, cun investimento de 32.186 euros financiado integramente polo II Plan extraordinario de infraestruturas deportivas da Deputación de Pontevedra. 

O Concello de Marín vén de aprobar o expediente de contratación para a dotación de videomarcadores LED nos pavillóns da Raña e do Sequelo, co obxectivo de mellorar as infraestruturas deportivas municipais e ofrecer un servizo máis actualizado e eficiente para a celebración de eventos e competicións. 

O investimento total, que ascende a 32.186 euros (IVE incluído), será financiado integramente polo II Plan extraordinario de infraestruturas deportivas da Deputación de Pontevedra. O orzamento base de licitación sen IVE é de 26.600 euros. 

Esta actuación enmárcase dentro da estratexia do Concello de Marín para a modernización e mellora das infraestruturas deportivas, contribuíndo á dinamización da actividade deportiva local e ao fomento do deporte entre a cidadanía. 

No momento no que se teña empresa adxudicataria, tratarase de instalar estas dotacións o antes posible.

Publicacións Relacionadas