O concello de Nigrán abre este luns a inscrición para un roteiro de sendeirismo o sábado 25 de abril polo Parque Nacional Peneda-Gerês (Portugal)

Redacción
Lectura mínima de 1

Está dirixido prioritariamente a persoas empadroadas e a dificultade da andaina é alta

O Concello de Nigrán ofrece un roteiro de sendeirismo o sábado 25 de abril polo parque nacional Peneda-Gêres ao seu paso por Castro Laboreiro, no norte de Portugal, con parada e tempo libre a continuación en Monçao. A actividade, con saída ás 9:00 en autobús desde o Concello e chegada ás 20:00 horas, é gratuíta (cada quen ten que facerse cargo do seu xantar), e está destinada preferentemente a veciñanza empadroada en Nigrán. A dificultade é alta, tendo en conta que a andaina ten unha duración de 3 horas e a distancia é de 6 km, polo que é importante levar calzado e roupa axeitados. As inscricións serán por rigorosa orde do luns 20 ao venres 24 de abril de 9:00 a 14:00 horas na oficina de información cidadá do Concello (sempre co DNI).

Comparte este artigo