HomeVigoNigránO concello de Nigrán amplía todo o verán a atención ao peregrino...

O concello de Nigrán amplía todo o verán a atención ao peregrino nas oficinas de turismo de A Ramallosa e Gaifar

- Anuncio -spot_img

O Concello de Nigrán inicia este 1 de xullo a ampliación da atención nas oficinas de turismo coa contratación de dúas técnicas que estará ao frente da de Ramallosa e Gaifar. Estas dúas auxiliares prestarán servizos de información e atención ao público ata o 16 de setembro grazas á financiación de Turismo Rías Baixas, da Deputación de Pontevedra. Concretamente, atendendo aos horarios de máxima afluencia de peregrinos, a de Gaifar abrirá de 8:00 a 15:00 horas de mércores a domingos e a de Ramallosa de xoves a luns de 7:00 a 14:00 horas (esta última compleméntase co quiosco xestionado polo CEE Juan María, aberto todos os días e onde selan as credenciais, ademais de ofrecer información e folletos).

O Concello de Nigrán é totalmente consciente de que o Camiño Portugués pola Costa atrae cada vez a máis estranxeiros ao municipio. Como mostra, a Oficina de Turismo de A Ramallosa atendeu desde o 12 de xuño e ata o 31 de xullo do ano pasado a 1.190 peregrinos de 37 nacionalidades diferentes que sellaron as súas credenciais e buscaron información sobre o propio Camiño ou sobre o municipio. Ao marxe de España, con 45% das consultas, Estados Unidos foi o páis máis repetido con 142 persoas, seguido de 87 camiñantes de Alemania, 59 de Polonia ou 32 de Australia. Bielorrusia, Corea do Sur, Nueva Zelanda, Brasil, Japón, Turquia, Cuba, Puerto Rico, Israel, Colombia, Malasia, El Salvador, Filipinas, Francia, Estonia… son outras das nacionalidades que se achegaron ata a oficina situada na Alameda de San Campio.

Publicacións Relacionadas