Incorpóranse 105.000 € do remanente de tesourería para asumir a suba de prezo dos asfaltados, 62.000 € para o novo plan de rehabilitación de fontes e lavadoiros ou 188.000 € para rematar o parque da Ramallosa
O Pleno aprobou tamén unha modificación dos estatutos da Mancomunidade para incorporar o servizo de taxi conxunto
O goberno de Nigrán aprobou no Pleno ordinario desta mañá unha modificación orzamentaria por importe de 381.932 € con cargo ao remanente de tesourería, cun superávit de 11 millóns de euros. A cuestión, que contou cos votos en contra de PP e BNG, servirá para completar o financiamento de proxectos como o plan de asfaltados, o novo plan de rehabilitación de fontes e lavadoiros ou 188.000 € para rematar o parque da Ramallosa.
En concreto, 105.000 € son para engadir ao plan de asfaltados de titularidade munipal tras declararse deserta en xuño a licitación feita cun orzamento base de 823.706 € e volver a publicarse cunha actualización de prezos que 929.168 € (a presentación de ofertas está aberta ata o 13 de agosto). “Tendo en conta o tempo transcorrido desde a redacción do proxecto no ano 2023 e a gran alza dos custos dos materiais de construción debido á guerra en Irán, o Concello solicitou ao redactor do proxecto a actualización dos prezos porque é de absoluta necesidade emprender certos asfaltados”, defende o alcalde, Juan González.
Por outra banda, a modicación inclúe 62.0000 € para completar o financiamento destinado á rehabilitación integral de 6 lavadoiros e unha fonte situados nas parroquias de Camos, Parada, Chandebrito e San Pedro da Ramallosa. O importe total é de 300.000 € dos que o Concello asume eses 62.000 € e o resto corre a cargo da Deputación a través da Liña 1 do Plan + Provincia. En concreto, intervirase na fonte de O Rial e os lavadoiros do Carballal e A Miña (todos en Camos), o lavadoiro de Rans e Cabreira (San Pedro da Ramallosa), o lavadoiro do Torreiro de Nandín (Parada), e o lavadoiro de Pracíns (Chandebrito).
O importe máis destacado corresponde á obra de rehabilitación da Alameda da Ramallosa, adxudicada á Oresa a cargo dunha subvención de 769.000 € do ‘Programa Pon2030’ da Deputación de Pontevedra (80%) e 192.000 € de fondos propios do Concello (20%). A empresa incumplíu sucesivamente os prazos asinados, ao punto de que non se pode considerar rematada ao estar todavía pendente un elemento de xogo (o faro escalable) cando a obra debería estar finalizada e xustificada antes do 31 de maio. “O incumprimento da empresa impide que recibamos o 100% da subvención e que, de momento, adiantemos eses cartos para poder concluíla, pero desde o Concello non nos ímos quedar de brazos cruzados”, advirte o alcalde, quen sinala que xa se lle impuxeron penalidades por importe de 27.018 € “e que seguirá nesa liña”. “Hay un contrato asinado que incumpliron e que conleva unhas consecuencias que non pasaremos por alto”, engade.
MANCOMUNIDADE
Outra cuestión do goberno que foi aprobada neste pleno cos votos a favor de PSOE e PP e en contra do BNG foi a modificación dos estatutos da Mancomunidade do Val Miñor para incorporar como competencia o “transporte e mobilidade na súa área territorial de prestación conxunta do servizo de taxi” e que deste xeito se unifiquen as tarifas e os taxistas poidan recoller clientes en calquera punto do devandito territorio. Nigrán é o primeiro dos tres concellos en aprobar en pleno a cuestión e a continuación o fará Baiona e Gondomar para poder facerse efectivo.

