test
Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán celebra o Día Mundial das Abellas este luns...

O Concello de Nigrán celebra o Día Mundial das Abellas este luns 20 con actividades na Biblioteca Municipal

- Anuncio -

Soledad García presentará ‘Aposiopese’ e haberá cata de meles

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Mundial das Abellas’ este luns 20 de maio con actividades na Biblioteca Municipal. Así, a escritora nigranesa Soledad García presentará ás 20:00 horas a súa obra poética ‘Aposiopese’, ilustrada a súa vez por Ángela Costas e terceiro premio no XI certame Manuel Leiras Pulpeiro de Mondoñedo. Ademais, haberá cata de meles e xogos.

Para crear conciencia sobre a importancia dos polinizadores, as ameazas ás que se enfrontan e a súa contribución ao desenvolvemento sostible, as Nacións Unidas declararon o 20 de maio como Día Mundial das Abellas. A polinización é un proceso fundamental para a supervivencia dos ecosistemas, esencial para a produción e reprodución de moitos cultivos e plantas silvestres. Case o 90% das plantas con flores dependen da polinización para reproducirse. Así mesmo, o 75 % dos cultivos alimentarios do mundo dependen en certa medida da polinización e o 35% das terras agrícolas mundiais. Os polinizadores, cada vez máis ameazados pola propia actividade humana, non só contribúen directamente á seguridade alimentaria, senón que ademais son indispensables para conservar a biodiversidade.

Relacionadas

O BNG solicita medidas de control de tráfico na rúa do Sol

0
Nos últimos anos, foron múltiples as veces que o BNG solicitou ao goberno municipal tomar medidas urxentes para o control de tráfico na rúa...

En xullo arranca “Verán con sabor” a guía gastronómica que premia os consumidores

0
Durante os meses de xullo, agosto e setembro aquelas persoas que consuman na hostelería de Salvaterra de Miño poderán optar a máis de 40...

Historias sen fin co andel dos libros libres do Rosal

0
O Concello pon en marcha unha iniciativa que busca promover a lectura poñendo a disposición da veciñanza libros de todo tipo de balde Un estante...

O que queren para outras vilas, non o queren para Marín

0
Sobre o estacionamento e a mobilidade urbana  Últimamente, non saímos do noso asombro. Como Goberno local, consideramos que hai que traballar para que unha vila...

O BNG denuncia o “colapso” no hospital de día de oncoloxía do Álvaro Cunqueiro...

0
A fronte nacionalista reclama á Xunta que reforce o servizo para poñer fin ás demoras na atención e para evitar que as persoas doentes...

Diego Calvo, visitou esta mañá en Ribadumia os participantes no IV Torneo Intercontinantal de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou esta mañá en Ribadumia os participantes no IV Torneo Intercontinantal de fútbol sub-14, máis...

Publicacións Relacionadas