O CPI Arquitecto Palacios, CEE de Panxón e E.E.I. As Dunas retan a conquerir 50 doazóns coincidindo co 50 aniversario da instalación educativa cunha unidade móbil de doazón 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas no recinto escolar
A comunidade educativa de Panxón (formada polo CPI Arquitecto Palacios, Escola Infantil As Dunas e C.E.E de Panxón) realizarán por terceiro ano consecutivo este mércores 21 de maio a súa campaña solidaria de doazón de sangue co reto de acadar os 50 doantes, unha por cada ano de existencia do centro. Con este propósito, o Concello de Nigrán colabora para que esté no recinto escolar (camiño dos Lagos s/n) unha unidade móbil de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas.
Os estudantes (que presentaron esta mañá a iniciativa coa presenza do alcalde, os directores dos centros e unha representante de ADOS na área) levan meses traballando na cartalaría promocional e nos agasallos que entregarán aos voluntarios, informando aos seus compañeiros e aprendendo a importancia do sangue. Se o ano pasado acadaron 39 bolsas das que 5 procedían de novos doantes, agora o reto pasa por chegar ás 50, por iso fan un chamamento a toda ás familias e ao conxunto da veciñanza de Nigrán xa que eles, menores de 18 anos, todavía non poden facelo.
“Estamos moi agradecidos de que lideren esta campaña que, en definitiva, divulga entre a veciñanza a importancia de doar sangue. Agardamos que as familias se acheguen, é unha axuda que non doe nin leva tempo e que a cambio salva vidas”, indicou o alcalde, Juan González.
Segundo sinalou Sabela Lareo, representante de ADOS na área de Vigo, Galicia precisa de 500 bolsas diarias de sangue para atender 2.800 urxencias e o habitual é non acadalas, xa que a media de doantes está establecida en 103.525 ao ano, o que se traduce en 38,4 por cada mil habitantes, todavía insuficiente, e que no Val Miñor encabeza Baiona con 36 por cada mil.