Terá lugar no Auditorio Municipal a partir das 20:30 horas a beneficio da doazón de órganose o donativo é de 10 € que se poden achegar na propia taquilla
O Concello de Nigrán colabora con Alcer, Asociación de Lucha contra las Enfermedades Raras, no monólogo solidario ‘Contos de Contrabando’ a cargo de Avelino González este vernes 12 de decembro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal e cuxa recadación será a favor da doazón de órganos. O donativo son 10 € que se poden abonar na propia taquilla habilitada na entrada do Auditorio ou reservar no 693714005.
O actor Avelino González (Vigo, 1962) conta neste monólogo a historia de amor entre dous contrabandistas, el galego e ela portuguesa. A súa relación de amor desenvólvese á par da súa vida profesional. Adícanse ós dous a unha actividade comercial sen licencia fiscal, e viven as súas vidas persoais como calquera outra persoa, e tamén sen as licencias administrativas correspondentes. Isto provoca interferencias que poñen en perigo a relación. E así saltando fronteiras e saltando trámites administrativos e aprendendo linguas e linguaxes segundo fose preciso, tentan consumar a súa relación… se o consiguen ou non sábese no final.



